Na beira do Guadalquivir xurde poderosa a Torre do Ouro. Edificio defensivo do primeiro terzo do século XIII (1220-1221) é una das derradeiras aportacións da arte almohade en Sevilla. É una torre denominada “albarrana” xa que estaba separada do principal recinto defensivo da cidade, a Alcazaba, pero estaba unidas por una muralla. Ten una ducia de lados e un baseamento de perpiaños. Consta de tres corpos, o primeiro é almohade (de escasos vans e coa decoración concentrada na parte superior), o segundo do XIV, mandado levantar por Pedro I e o terceiro é circular, de carácter orientalista con vans circulares, sendo deseñado polo enxeñeiro militar Sebastián Vander Borcht en 1760. Ten una altura de 32 metros.
Probablemente o seu nome en árabe fora Bury al-dahab, Borg al Azahar, ou Borg-al-Azaja, polo brillo que se reflectía no río.
Actualmente conta no seu interior cun pequeno museo naval con grabados, maquetas, cartas de navegación, instrumentos para navegar e documentos históricos. Ademais facilítase o coñecemento da historia naval de Sevilla, a importancia do Guadalquivir e a pegada de numerosos mariños ilustres.
Sobre o nome da torre hai varias teorías, desde as “fermosas” como que se debe á cor dos cabelos dunha guapa dama a que o rei don Pedro encarcelou na torre aproveitando que o seu marido estaba facendo a guerra, a teorías “económicas” porque recibiría o nome ao gardar no seu interior os lingotes de ouro que chegaban de América. Pero a teoría máis probable é que ten este nome pola cuberta de azulexos dourados que ao recibir a luz solar provocaba uns reflexos dourados aínda que nas obras de restauración de 2005 demostrouse que o brillo proviña dunha mistura de morteiro de cal e palla prensada.
Máis datos na wikipedia.
Se esta torre recibe o nome da do Ouro, cal será o motivo do nome da Torre da Prata?

Entrada dedicada á Comunidade Educativa do IES Siglo XXI de Sevilla, compañeiros de traballo, ilusións e viaxes desde as nosas bibliotecas.