
A campaña permitiu recuperar tamén algúns elementos decorativos, inscricións ou moedas, que unha vez estudados permitirán explicar mellor o desenvolvemento da cidade nas primeiras décadas do século I de nosa era.

"A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade" P. R. Picasso



Nota da Axencia EFE publicada polo ABC.
Entrevista con Celestino García, decano do COAG, sobre o Premio en Xornal.
entenario inaugurouse onte na sede da Fundación Caixa Galicia. "Cen por cen Seoane" reúne 350 pezas do creador coruñés, que naceu na diáspora de Bos Aires, e que revolucionou as artes plásticas tanto en Galicia como na súa Arxentina natal. (...). Cando falta pouco máis de dous meses para que finalice o ano do centenario do nacemento de Luís Seoane, a Fundación Caixa Galicia pon en marcha unha ambiciosa exposición na que se disecciona en partes -en 100 partes, para ser concretos- a figura do intelectual galego, co fin de proporcionar ao visitante unha visión aproximada da poliédrica personalidade do xenio coruñés a través de 350 orixinais, entre pinturas, gravados, fotos e documentación.
Ademais das características propias dos complexos termais romanos, é dicir, baños (tepidarium), unhas salas de calor (caldarium) e unha gran piscina central fría (frigidarium) contábase con zonas deportivas. As edificacións tiñas partes para os homes e para as mulleres así como algunhas común. A máis salientable arquitectonicamente falando era o gran frigidarium central posto que era unha enorme sala abovedada de 22m x 47 m., cunha gran cúpula apoiada en oito grandes columnas, de catro toneladas cada unha, estriadas de granito gris rematadas en capiteis de mármore.
No frigidarium confluían dous recorridos simétricos e idénticos, dotados de apodypterium (vestiario), palestra, ximnasio, piscina de auga quente, destrictarium, onde con precisas rasquetas limpábase o cute de ungüentos e suor, calidarium e tepidarium, semellantes á actual sauna e baño turco. Do tepidarium pasábase ao friguidarium, punto de encontro central de toda a estrutura e logo podía accederse á piscina descuberta. Quen gozaba das termas podía facer o recorrido completo ou ben acortalo segundo as súas preferencias. Todas as salas tiñan planta hexagonal ou octogonal e estaban dominadas por altas cúpulas.
Tras caer en desuso, o conxunto foise derrubando polo que na actualidade só podemos contemplar parte da cimentación, dos sotos e dos fornos, das zonas de almacenamento de leña para quentar o hipocausto así como os tubos de barro para a auga quente e algún outros detalles como a columna de 15 metros do frigidarium. Mais e a pesar diso, é posible poder imaxinar a grandeza do conxunto termario.
Todo un exemplo da grandeza arquitectónica e de enxeñería da cultura romana.

cepción interior do espazo. En Roma, á beira da necesidade técnica feita máis precisa pola escala monumental da edificación do Imperio, aparece o tema social da basílica, onde os homes viven e obran segundo unha filosofía e unha cultura que rompen a contemplación abstracta e o perfecto equilibrio do ideal grego, enriquecéndose psicoloxicamente, facéndose máis instrumentais e máis encartadas a símbolos retóricos de grandeza. Trasladar as columnatas gregas ao interior significa deambular no espazo pechado e facer converxer toda a decoración plástica á potenciación deste espazo. 