29/09/10
O novo museo da Acrópole
Hai escasamente un ano inaugurouse o novo museo da Acrópole de Atenas, obra do arquitecto Bernard Tschumi. No magnífico blog Urbalis poderedes atopar máis información sobre esta obra.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:16
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte clásica,
Arte grega,
Museos,
Vídeo
25/09/10
O material dos templos clásicos
"Grecia é unha "península de mármore", onde tamén abunda a pedra calcaria máis basta. Unha das variedades de pedra calcaria das chairas de Argos
podía traballarse máis facilmente para formar bloques irregulares que constitúen a típica mampostería "poligonal" nos muros das terrazas e fortificaciones. Outra variedade de pedra que abundaba na zona máis setentrional e occidental do Peloponeso tiña unha superficie rugosa e numerosas cavidades, que constituían unha boa base para o enlucido final. Este mármore menos atractivo utilizábase comunmente como material para a construción de edificios públicos. Pero o Partenón e outros monumentos erixidos na Acrópole durante o século V eran de mármore do Pentélico, que se extraía nas canteiras do monte Pentélico, situadas a uns 15 Km. ao nordés de Atenas. O mármore do Pentélico diferenciábase doutros tipos de mármore que se poden atopar en Grecia pola súa lixeira tintura de ferro, que ao quedar exposto ao aire produce a pátina dourada que admiramos no Partenón. O mármore branco utilizado polos antigos escultores e arquitectos gregos, o mármore de Paros, unha illa da Cícladas do Egeo, carece desa tintura de ferro, ten cristais transparentes de maior tamaño e conserva a cor co paso do tempo. As calidades especiais do mármore do Pentélico axudan a explicar a elegancia do Partenón e doutros templos da época clásica, grazas aos seus cantos afiados, e a súa superficie lisa que permiten conseguir unhas xuntas perfectamente axustadas, así como ás sutilezas que presenta aos ollos de quen o contempla".
D. J. BOORSTIN. Los creadores. Barcelona, Ed. Crítica, 1994.
D. J. BOORSTIN. Los creadores. Barcelona, Ed. Crítica, 1994.
Lido en Cnice.
Imaxe do Erecteion da Acrópole de Atenas: INICIARTE.
Publicado por
Antonio Martínez
en
08:40
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arquitectura clásica,
Arte clásica,
Arte grega,
Textos
24/09/10
A Acrópole de Atenas: descrición de Plutarco
A Acróple de Atenas“…Os monumentos elevábanse cunha grandeza que impoñía, cunha beleza e unha gracia inimitables. Os artistas esforzábanse no reto de destacar pola perfección técnica do traballo, pero o máis admirable foi a rapidez da execución. Todas estas obras das que cada unha parecía necesitar de sucesivas xeracións para ser rematada, encontráronse totalmente acabadas durante o período de apoxeo dunha única carreira política.
Sen embargo, cóntase que Zeuxis, despois de escoltar un día o pintor Agatarcos, o cal fachendeaba de pintar rápido e facilmente todo tipo de figuras, replicoulle: “eu preciso moito tempo”. En efecto, a pericia e a rapidez de execución non confiren a unha obra solidez duradeira nin beleza perfecta; o tempo empregado no traballo dunha creación produce, ao igual que un capital colocado a intereses, o valor que asegura a conservación da obra, unha vez rematada. A admiración polos monumentos de Pericles medra, xa que foron feitos en pouco tempo e destinados, a unha longa duración. Cada un deles, a penas rematado, era tan bonito que xa tiña o carácter de antigo e tan perfecto que conservou ata a nosa época o frescor dunha obra recente; de tal maneira brilla sempre neles unha especie de flor de xuventude que ten preservado o seu aspecto do paso do tempo. Parece como se estas obras tivesen un sopro sempre vivo e unha alma inaccesible á vellez (…) Fideas presidíao todo e todo supervisábao para Pericles. Sen embargo, non faltaban nin grandes arquitectos nin grandes artistas para estes traballos. Calícrates e Ictinos construíron o Partenón, de cen pés (…) Os propileos da Acrópole foron rematados en cinco anos polo arquitecto Mnesicles. Un suceso admirables que ocorreu durante a súa construción demostrou que a deusa, lonxe de desinteresarse, colaboraba tamén na obra e axudaba a rematala. O máis activo e máis celoso dos obreiros esvarou e caeu do alto da construción. Estaba nun estado deplorable e os médicos desafiuzárano. Mentres Pericles de desalentaba, a deusa aparecéuselle en soños e prescribiulle un remedio que usou e co que curou rápida e facilmente o ferido. Dise que foi nesta ocasión cando erixiu a estatua de bronce de Atenea Hygia e a coloco una Acrópole, cerca do altar que xa se encontraba alí.
Fideas foi quen fixo a estatua de ouro da deusa, como o proba a inscrición do seu nome na estela. Supervisábao case todo e, como xa dixen, mandaba por riba de todos os artistas, a causa da amizade que lle profesaba Pericles…”
Plutarco. Vidas paralelas.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:04
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arquitectura grega,
Arte clásica,
Arte grega,
Textos
22/09/10
Vitrubio: a simetría na construción dos templos
Marco Vitruvio Polión (en latín Marcus Vitruvius Pollio) foi un arquitecto, escritor e enxeñeiro romano do século I a.C. Habitualmente o seu nome aparece escrito como Vitrubio. A pesar de coñecérselle tan só unha obra realizada pasou á historia da arquitectura por ter escrito o que se considera o tratado máis antigo conservado sobre a arquitectura, De Architectura, dez libros escritos entre os anos 27 e 23 a.C. O seu manual inspírase nos teóricos helenísticos e estuda todos os apartados necesarios para a edificación.
A simetría vitrubiana establécese mediante a proporción entre unha determinada parte dos membros de cada obra e o conxunto, a semellanza das producións da natureza, en particular do corpo humano, expresada nunha exacta relación numérica.

"A composición da construción dos templos depende da simetría, cuxas regras deben ser xa que logo ser observadas coidadosamente polos arquitectos. Nace a simetría da proporción que os gregos chaman analoxía. A proporción é unha correspondencia de medidas entre unha determinada parte dos membros de cada obra e o seu conxunto: desta correspondencia depende a relación das proporcións. En efecto, non pode falarse dunha obra ben realizada, se non existe esta relación de proporción, regulada como o está no corpo dun home ben formado. (pax. 250)
Do mesmo xeito, as partes de que se compón os edificios sacros han de ter exacta correspondencia de dimensións entre cada unha dos seus partes e a súa total magnitude. Así mesmo, como, naturalmente, o centro do corpo humano é o embigo, de tal modo que nun home tendido en decúbito supino, coas mans e os pés estendidos, se se tomase como centro o embigo, trazando co compás un círculo, este tocaría os dedos de ambas as mans e dos pés; e o mesmo que se adapta o corpo á figura redonda, adáptase tamén á cadrada; por iso, se se toma a distancia que hai da punta dos pés ao alto da cabeza, e se confronta coa dos brazos estendidos, acharase que a anchura e a altura son iguais, resultando unn cadrado perfecto".
En Antonio José Pitarch et. Alt. Arte Antiguo. Fuentes y documentos para la historia del arte. Barcelona, Gustavo Pili, 1982, pp.250-251.
A simetría vitrubiana establécese mediante a proporción entre unha determinada parte dos membros de cada obra e o conxunto, a semellanza das producións da natureza, en particular do corpo humano, expresada nunha exacta relación numérica.

"A composición da construción dos templos depende da simetría, cuxas regras deben ser xa que logo ser observadas coidadosamente polos arquitectos. Nace a simetría da proporción que os gregos chaman analoxía. A proporción é unha correspondencia de medidas entre unha determinada parte dos membros de cada obra e o seu conxunto: desta correspondencia depende a relación das proporcións. En efecto, non pode falarse dunha obra ben realizada, se non existe esta relación de proporción, regulada como o está no corpo dun home ben formado. (pax. 250)
Do mesmo xeito, as partes de que se compón os edificios sacros han de ter exacta correspondencia de dimensións entre cada unha dos seus partes e a súa total magnitude. Así mesmo, como, naturalmente, o centro do corpo humano é o embigo, de tal modo que nun home tendido en decúbito supino, coas mans e os pés estendidos, se se tomase como centro o embigo, trazando co compás un círculo, este tocaría os dedos de ambas as mans e dos pés; e o mesmo que se adapta o corpo á figura redonda, adáptase tamén á cadrada; por iso, se se toma a distancia que hai da punta dos pés ao alto da cabeza, e se confronta coa dos brazos estendidos, acharase que a anchura e a altura son iguais, resultando unn cadrado perfecto".
En Antonio José Pitarch et. Alt. Arte Antiguo. Fuentes y documentos para la historia del arte. Barcelona, Gustavo Pili, 1982, pp.250-251.
Ilustración: O home de Vitrubio de Leonardo da Vinci.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:15
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
21/09/10
Os primeiros poboadores de Galicia
A arqueoloxía, máis aló de Indiana Jones, ten a pervivencia asegurada por aquelo de que uns cantos milleiros de anos de Historia vaian saindo á luz de tanto en cando, sexa por casualidade ou pola labor dos estudos científicos. Hai unhas semansa sucedeo esto último, e as investigacións no Corurel proporcionaron novos datos das antigas civilizacións do noroeste.
Os primeiros poboadores de Galicia é o titulo da exposición de caracter itinerante desenvolta polo Centro Arqueolóxico do Barbanza e cofinanciada pola Deputación de A Coruña e a Xunta de Galicia, na que se realiza un percorrido que alcanza ás rutas protagonistas dos últimos achadegos, o que reafirma a necesidade de traballar o perfil didáctico dos estudos do pasado, moitas veces víctimas da propia evolución da sociedade.
O video que acompaña a mostra, por certo, conta co marabilloso traballo de voz de Lino Braxe.
Texto e vídeo vía EnimaXes.
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:21
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte prehistórica,
Vídeo
20/09/10
Aristóteles: As matemáticas e a beleza
"Os filósofos que aseguran que as ciencias matemáticas non tratan da beleza nin do ben están nun erro; porque a beleza é o obxecto principal do razoamento de estas ciencias e das súas demostracións (…) As formas máis elevadas da beleza son a orde, a simetría, o definido, e é aí, sobre todo, onde xorden as ciencias matemáticas. E posto que estas formas (a orde e o definido) son causas manifestas dunha multitude de efectos, é evidente que as matemáticas deben considerarse como causa da beleza".
Aristóteles. Matafísica, 62.1
Publicado por
Antonio Martínez
en
07:31
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte clásica,
Arte grega,
Textos
19/09/10
José Antonio Labordeta: Ata sempre
Hoxe foisenos José Antonio Labordeta: docente de historia, protagonista da historia, da súa e da nosa. Ata sempre.
Publicado por
Antonio Martínez
en
12:32
1 comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Vídeo
17/09/10
Desperate Housewives: arte na televisión
Iniciamos un novo curso e hai que facelo amodiño... E que mellor que principiar cun vídeo dunha serie de televisión?
Cantas obras obras de arte poderá recoñecer o meu novo alumnado neste vídeo?
Algunha?
E, ao final do curso poderán recoñecer algunha máis?
Publicado por
Antonio Martínez
en
09:12
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Etiquetas:
Arte contemporánea,
Arte Dixital,
publicidade,
Vídeo
04/09/10
Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (XIII)
Hai uns días o arquitecto Alfonso Fernández invitoume a visitar súa obra que se está a construír en Santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) e da que INICIARTE foi dando conta desde os inicios da edificación. Lembro que o proxecto fora merecedor do premio GranDeArea da Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Vigo.
Pois ben, tras case nove meses sen dar conta da evolución desta vivenda (paralización temporal das obras, pequenas modificacións sobre o proxecto inicial, vacacións do verán…) podemos afirmar que a obra arquitectónica semella practicamente rematada. Faltan aínda detalles técnicos de carpintería (exterior e interior), colocacións das madeiras e grellas metálicas, levantamento de escaleiras interiores e exteriores, maquinaria da piscina e da calefacción e remate da zona auxiliar da piscina…
Sobre o tratamento paisaxístico da parcela estase á espera do remate das obras na vivenda para facer o estudo integral da mesma: horta, axardinamento, circulación de persoas e vehículos… Mais fica moi claro que se debe aproveitar o enorme potencial estético das grandes pezas graníticas aparecidas en varias zonas da parcela.
A impresión é fantástica: espazo común amplos, potenciación das vistas á ría, pureza de liñas e conceptos, emprego impecable das vigas e dos vanos, estudos pormenorizados das circulacións e usos futuros dos espazos. Unha vivenda tanto agradábel para o usuario diario como para o visitante.
Fotos dos exteriores da vivenda.
Apreciade a claridade formal e compositiva, a pureza de liñas e a perfecta comunicación entre o interior e o exterior da vivenda.
Fotos dos interiores da vivenda.
De arriba a abaixo a distribución e a seguinte: dormitorio principal con baño, vestidor zona de traballo e acceso á terraza; andar do medio con cuarto da limpeza, cociña, estudo, comedor e salón con acceso á zona exterior; baixo con dous dormitorios, baño e cuartos da maquinaria.
Publicado por
Antonio Martínez
en
19:53
4
comentarios
Enlaces a esta entrada
((•)) Escoita este post
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




