30/6/10

Arte e literatura: Nova entrega de Sartine


Por fin. Despois de agardar sete anos o amigo, colega e compañeiro de promoción, Juan Granados vén de publicar a segunda novela do seu personaxe Sartine que leva por título Sartine y la guerra de los guaraníes. Hombre de mar, intendente del rey II. Como a anterior e El Gran Capitán (2006) tamén está editada por Edhasa na súa colección de Narrativas Históricas. Sen contarvos a interesante trama só dicirvos que ten moitas alusións ao Escorial, entre elas a seguinte:

Quien, como él, hubiese disfrutado de la redonda armonía que pobabla toda Italia de cosntrucciones perfectas, podría entenderle: la megalomanía produce obras ingentes y aplastantes, pero poco arte. Además, aquellos remates a la flamenca nunca le habían convencido, pintaban más bien poco en medio de la Castilla imperial; también en su opinión, suponían una solución excesivamente burguesa para remate de la techumbre del símbolo más visible de la Monarquía Hispánica”. Páx. 411.
Non deixedes de visitar o blog de Juan sobre Sartine.

28/6/10

Sen comentarios (XVIII): na Illa de Arousa

Será a influencia escuraliense na arquitectura contemporánea galega?

Será a busca do equilibrio entra a recta e a curva?

Será a reintrepretación actual do barroco de placas?

Que será, será?

Vivenda no porto da Illa de Arousa

25/6/10

A crise e a hipocresía europea

Non ten desperdicio. Aguantade ata o remate. Grazas Daniel.

23/6/10

Vivenda unifamiliar en Perillo (Oleiros)

Continuando coa serie de vivendas próximas á miña residencia, mirade esta:




























21/6/10

Sen comentarios (XVII): Vivenda en Vilar


En Vilar no concello de Folgoso do Courel. Nunha contorna de soutos de carballos. Once casas, tres habitadas e un espectacular castro.

17/6/10

Ata cando?



Visto na casa de Fet.

16/6/10

Ubuntu: África e futebol

Caravaggio e Berlusconi

Silvio Berlusconi non quere un Caravaggio
O político nega que vai comprar un cadro do artista.
O primeiro ministro de Italia, Silvio Berlusconi, asegurou este martes que non pensou «xamais en comprar unha pintura de Caravaggio, a pesar das voces infundadas aparecidas durante a mañá nalgúns xornais», nunha nota enviada desde o palacio do Presidente do Consello.

O diario Il Messaggero aseguraba este martes que Berlusconi quería comprar a táboa A conversión de Saulo, de Caravaggio, que estivo exposta en Roma na ilustre mostra celebrada sobre o mestre do claroscuro ata onte, e ofreceulle cen millóns de euros á súa propietaria actual.

Segundo o diario, as negociacións para a compra da obra, que mide 237x189 centímetros e cuxo prezo estimado sitúase entre os 50 e os 70 millóns de euros, comezaron fai uns seis meses.
O primeiro ministro, segundo o diario romano, proporía á súa actual dona, a princesa Odescalchi, pagarlle cen millóns de euros por este cadro, pintado entre 1600 e 1601 e que onte foi devolto, unha vez pechada a exposición ao seu palacio da praza dos Santísimos Apóstolos, de Roma.

Engadía o rotativo que os expertos en arte que asesoran a Berlusconi estaban a estudar o estado de conservación do cadro.

O comunicado agrega que «non responde á realidade as filtracións á prensa de que hai negociacións coa princesa Odescalchi, cara á que o presidente Berlusconi sente estima e simpatía e é propietaria do cadro en cuestión».

Texto de EFE vía A Voz de Galicia. Foto vía El País. Outra versión da noticia en El País.

Sabedes que hai unha exposición en Roma sobre esta macarra pintor que está sendo todo un éxito. Con Velázquez e Caravaggio... ata fins do XIX.

15/6/10

Froxán: lugar etnográfico de interese

Nunha das escasas chairas do Courel, atópase a aldea de Froxán, parroquia de Vilamor no concello de Folgoso (Lugo). Está situada a case cincocentos metros de altitude, preto do río Lor. Cultívase a terra e prodúcese viño. Hai que salientar a festa da Pisa da Castaña a inicios de decembro. Conta coa asociación cultral Fonte do Milagro. Está en estudo a declaración de ben de Interese Cultural na categoría de lugar etnográfico de interese (BOE 18-V-2006). Un fermosos lugar nunha contorna espectacular.



10/6/10

Castro de Vilar (Folgoso do Courel, Lugo)


Dependendo do lugar onde estean situados, hai tres tipos de castros: de interior (Viladonga), costeiros (Baroña) ou de montaña (Torre). Imos ver hoxe o máis espectacular destes últimos, o Castro de Vilar, en Folgoso do Courel (Lugo).

Está situado na aldeíña de Vilar (tres vivendas habitadas) e despois da ermida do lugar. Sitúase a máis de cincocentos de altura e conta cuns precipicios de máis de douscentos metros sobre o río Lor.

Parece ser que a súa orixe é xa de época romana, no século II a pesar de ter só construcións circulares. Tamén se di habitualmente que non foi abandonado definitivamente, como moitos outros castros no século V senón que tivo algún tipo de uso ata a Idade Media.

Ten una organización norte-sur, nunha coliña sobre un meandro do río Lor.

Conta con varios elementos estruturais claramente diferenciados:

-Para a súa defensa ten tres foxos sucesivos, una torre sobre o terceiro e una impresionante muralla de máis de dous metros polo lado máis inaccesible, o norte (aínda lembro as explicacións de Francisco Calo sobre este tipo de murallas innecesarias desde un punto de vista defensivo).

-Unha zona de socalcos na parte leste, seguramente destinada a cultivo ou a gardar o gando.

-Unha zona de habitación que consta dunha pequena superficie aplanada artificialmente cara ao oeste. Son una ducia de vivendas de plantas irregulares, con tendencia á circular, para una mellor adaptación ao pouco terreo dispoñible.

Na actualidade está totalmente abandonado e desprotexido. Tan só a súa ubicación e o seu difícil acceso actúan como elementos conservadores do noso patrimonio. Cada visitante é un posible agresor, consciente ou inconsciente.


Fotografías: as primeiras están tomadas desde Vilamor apreciándose claramente o meandro que forma o río Lor. As seguintes van segundo a orde da visita do sur (acceso) ata as vivendas (norte) e regreso.

9/6/10

Leopoldo Nóvoa expón en Vigo

O pintor expón en Vigo a súa última obra e segue traballando ás súas 91 anos no seu taller de Armenteira, no Salnés.

Leopoldo Nóvoa leva anos repartindo o seu tempo entre Francia e Galicia. Desde mediados dos sesenta, cando deixou Uruguai, país ao que marchara na Guerra Civil española, pasa sempre os invernos en París . Na capital francesa viviu en 1973 o amargo grolo de perder gran parte da súa produción nun incendio; daqueles restos recolleu cantas cinzas puido e trasladouse con elas ao taller de Nogent sur Marne, onde reside desde entón, para integralas definitivamente á súa obra.
Agora, cumpridos xa os 91 anos, concéntrase en pezas de mediano e pequeno formato, como as que agora expón na galería PM8 de Vigo, mostra na que se condensan composicións recentes realizadas en distintos procedementos. Sobre tea ou sobre papel, con pintura ou gravado, de novo volven manifestarse as inquietudes dun autor que logrou dun tempo para acó que a súa obra sexa cada vez máis liviá, máis lixeira de equipaxe.

Nestas últimas propostas de Nóvoa é posible atopar unha cadencia similar á literaria, cunha musicalidad métrica que engarza gradaciones cromáticas de grises aplacados, fonemas plásticos sen afectacións rebuscadas e relacións semánticas que organizan os distintos elementos cunha serenidade que parece haberse transmitido do fráxil lirismo místico ou dun breve verso oriental.
Reflicten o acougo de quen fixo unha longa travesía e non necesita máis que unha sinxela e estilizada caligrafía, trazos soltos, poucos ingredientes materiais para traballar e, sobre todo, moito silencio, ese elemento indispensable que estampa a súa pegada poética en cada soporte que o artista toca.

Texto completo da nova e ilustración vía A Voz de Galicia.

8/6/10

Sidi Bou Said: as portas

Esta poboación cercana á capital de Tunicia, Sidi Bou Said é un importante foco turístico. Foi un aristócrata francés quen, a principios do século XX, convenceu ás autoridade locais de que a vila era merecedora de protección. Na actualidade non hai turista que visite o país e non pase por aquí. Un dos aspectos máis salientable da vila son as súas portas. Déixovos una selección.


6/6/10

Sen comentarios (XVI): no Courel










No concello de Folgoso. No Courel. En plena serra. Nunha zona pouco poboada e cun hábitat a base de pequenos núcleos poboacionais. Na estrada que une Vilamor con Froxán. As fotos está tiradas na corredoira que vai de Vilar a Froxán. Quen coño pode autorizar una edificación aí?