20/10/10

Cartago (II): a cidade romana

Despois da destrución da cidade polas tropas romanas, o lugar ficou deshabitado. Tras 25 anos houbo un intento da fundar unha colonia mais non prosperou. Sen embargo cando no ano 46 a.C., Xulio César, no marco da Segunda a Guerra Civil da República, pasou polo lugar, decidiu crear unha cidade polo súa boa situación xeográfica. Sería Octavio, xa que logo, que no ano 29 a.C. fundaría a Colonia Xulia Cartago. O éxito da fundación foi salientable posto que axiña se convertería na capital da provincia romana de África sendo moi importante o seu porto como centro de exportación de trigo a Roma.

No intre da súa máxima expansión, a Cartago romana chego ter case medio millón de habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do imperio. Polo tanto non debe estrañarnos que contara con todas as infraestruturas características dunha urbe romana: circo, teatro, anfiteatro, acuedutos e termas, ademais dunha complexa rede de sumidoiros e de fornecemento de auga.
Mirade as fotos do teatro de Adriano, do século II, e que na actualidade pódese contemplar “restaurado” e que é a sede do Festival Internacional de Cartago.

FOTOS TEATRO


Tamén é salientable o anfiteatro aínda que nun estado de conservación (¿) noxento.Foi un dos máis grandes do imperio con cabida para 40.000 espectadores mais so queda o perímetro da da area. É de finais do século I e principios do II.


FOTOS ANFITEATRO

Fotos: Iniciarte.

No hay comentarios: