3/7/09

Visitando exposicións: Joaquín Sorolla



Joaquín Sorolla (1863-1923) é a primeira gran exposición antolóxica que o Prado dedica a este gran mestre do século XIX e a máis importante celebrada tanto dentro como fóra de España, onde non houbo ningunha exposición destas características e importancia aínda que si outra gran mostra monográfica de carácter antolóxico que se celebrou en 1963 nas salas do Casón do Bo Retiro, organizada entón polo Ministerio de Educación e Ciencia. A exposición mostra por primeira vez máis dun centenar de pinturas de Sorolla, o pintor español de maior proxección internacional do seu tempo e unha das figuras capitais da historia da arte española, nun ambicioso percorrido sobre o mellor da súa produción que inclúe os catorce paneis da Visión de España pintados para a Hispanic Society of America traídos a España no ano 2007.

Non sendo un artista que aprecie especialmente (abstéñome de valorar a súa figura) debo salientar a forza dos "brancos" e os cadros íntimos que ten á súa dona como protagonista. O tratamento dos "ocres" e da area torrada polo sol non foron do meu agrado nin a maioría dos paneis da Visión de España, que tiña especial ilusión por coñecer.
















Ilustracións vía Museo del Prado.

1 comentario:

RosaMaría dijo...

Es un pintor que me encanta por su trato con la luz y el día soleado. Visité su casa cada vez que fui a Madrid. abrazo