31/7/09

Monte do Facho (Cangas): Castro e santuario


Moi preto da casa do bo amigo Beni (Cangas do Morrazo, Pontevedra) e coa compaña máis atlética posible, visitei o castro do Monte do Facho, situado no extremo occidental da Península do Morrazo. Parece ser que xa antes do castro existira un poboado, entre os séculos X a.C. e VII a.C. na ladeira leste, sobre o que aínda hai pouca información pero parece ser que tiña un gran tamaño.


No século VI a.C. faise o castro que chegará ata os inicios da romanización, alá polo I a.C. Pódense contemplar os cimentos de varias vivendas (circulares e pequenas), restos das murallas, dos foxos e, tamén, dun basuereiro (lembrade a gran importancia arqueolóxica das zonas do lixo)


Mías tarde, xa entre os séculos II e IV d.C., en plena civilización galaico romana, fíxose un santuario adicado ao deus Berobreo, tamén no cumio do monte. Atopáronse moitos altares votivos así como restos de columnas que indican a existencia dunha construción. Estas aras estaban situadas, parece ser, a ceo aberto e fincadas na terra. Había tantos destos pequenos altares que tiñan que ser estreitos e altos dando lugar a unha auténtica "fraga de aras".


Xa no século XVIII construíuse un posto de vixiancia costeira con fins militares quedando hoxendía a garita.


Se algún día visitades a fermosísima ría de Aldán tedes que subir ao Monte do Facho.





2 comentarios:

Gonzalo Durán dijo...

Ya veo que no descansamos ni en vacaciones. Conozco bastante la península del Morrazo, y la ría de Aldán, el crucero de Hío, los petroglifos de Mogor, junto a Marín, sus playas, sus islas, pero en cambio no tenía ni idea de la existencia de este yacimiento arqueológico que promete ser muy interesante, así como las vistas que presumo impresionantes de las rías e islas. Así que gracias por la información, y lo visitaré la próxima vez que vaya por ahí, que espero que sea muy pronto. Saludos.

Antonio Martínez dijo...

Hola Gonzalo. La verdad es que la ría de Aldán me tiene enamorado... Las aras encotradas están en el concello (creo que aún no son visitables). El castro está hacia Cabo do Home.
Saludos vacacionales.