15/1/09

A luz e as edificacións góticas


"Hai dous aspectos da arquitectura gótica que carecen de precedente e de paralelo: a utilización da luz e unha relación orixinal entre a estrutura e a aparencia. Por utilización da luz entendo máis especificamente a súa relación coa sustancia material dos muros. Nunha igrexa románica, a luz é algo que se distingue da sustancia pesada, sombría e tanxible dos muros e que contrasta con ela. No gótico, o muro dá a impresión de que fose poroso: a luz fíltrase a través del, penetrándoo, fundíndose con el, transfigurándolo. (…) As vidreiras do gótico substitúen aos muros vivamente coloreados da arquitectura románica: estruturalmente non son, como tampouco esteticamente, vans abertos no muro para permitir que pase a luz senón muros transparentes (…) A luz, que normalmente se ocultada pola materia, é aquí o principio activo.

(…) Para os séculos XII e XIII, a luz era a fonte e a esencia de toda beleza visual. Por posuír luminosidade considerábanse fermosas ás estrelas, ao ouro e ás pedras preciosas. (…) Esta preferencia estética vese intensamente reflectida nas artes decorativas da época, que se deleitan na vistosidade de obxectos relucentes materiais brillantes e superficies puídas. A aparición da vidreira, movida pola asombrosa idea de substituír os muros opacos por outros transparentes, reflexa este mesmo gusto. (…)

Segundo a metafísica platónica da Idade Media, a luz é o máis nobre dos fenómenos naturais, o menos material, o que se achega máis á forma pura. (…) A luz é, ademais, o principio creativo de todas as cousas e é especialmente activa nas esferas celestillas. Segundo os pensadores medievais a luz é o principio da orde e do valor. O valor obxectivo dunha cousa áchase determinado polo grao en que participa da luz."

Otto von Simson. La catedral gótica. Madrid, páx 25 e ss.

Ilustracións: vidrieras da catedral de Chartres, vía Hommines e Liceus.

No hay comentarios: