29/6/08

Monumento ao Ché Guevara en Oleiros: homenaxe ou despilfarro?


De todos e todas é ben coñecido o compromiso do Concello de Oleiros coas sociedades menos desenvolvida ca nosa. Tamén de toda a cidadanía é coñecido o compromiso persoal do alcalde, Angel García Seoane, Gelo, como pobo e co goberno cubano: viaxes frecuentes á illa, parque e monumento ao líder independentista José Martí en Santa Cristina, avenida Ché Guevara...

Pois ben, onte, 28 de xuño e contando coa presenza de Camilo Guevara, fillo do Che, dos cónsules xenerais de Cuba e Venezuela, foi inaugurado un monumento ao Ché. É unha enorme escultura duns oito metros de alto, un de ancho e catro de longo, realizado en ferro e colocado sobre un pedestal de granito. O proxecto é dos artistas cubanos Juan Quintanilla (escultor) e Karoll William Pérez (músico), gañadores do concurso realizado no Instituto Superior de Arte de Cuba a instancia do Concello de Oleiros. A obra consiste en dúas grandes pezas que vista de fronte forman o retrato realizado ao líder cubano polo fotógrafo Alberto Korda o 5 de marzo de 1960, e que hoxe en día é un dos iconos do seculo XX.
A xigantesca escultura está colocada nun lugar moi visible, na rotonda de Nirvana da avenida Ché Guevera, nunha estrada moi transitada. A polémica que rodeou ao acto de inauguración e ás semanas precedentes foi ocasionada, non polo carácter ideolóxico da figura do homenaxeado, senón polos custes da obra. 180.000 euros. De feito ao acto da inauguración non asistiron os representantes políticos do PSOE, BNG nin do PP. Nese acto, Gelo reclamou “exércitos de homes e mulleres que loiten por manter vivo o legado do Che”, criticou ao “Tío Sam” e ás “falsas democracias que promoven cruzadas coa escusa do terrorismo internacional para aniquilar pobos”.

Que vos parece que esta homenaxe tivera un custe de 180.000 euros? Os valores, as ideas, as obras teñen prezo? Non opino. Facédoo vós.


Lembrade esta canción que xa está nosa memoria colectiva

2 comentarios:

saaritaa dijo...

Tendré que acoplarme en la casa de una amiga y contemplar Oleiros con más calma, que con las coñitas mira tu que escultura os marcais jeje

Luis Gómez Casás dijo...

justo ayer lo vi cuando iba a la playa a Bastiagueiro y dije: ¿hostia desde cuando está eso ahí? Resulta que lo habían puesto el día anterior.

Te mando mis notas de selectividad por email.