22/4/08

Exposición: "Laxeiro a lóxica da irracionalidade"


Co gallo do centenario do nacemento de Xosé Otero Abeledo (Lalín 1908-Vigo, 1996), Laxeiro, a Fundación Pedro Barrié de la Maza preparou nas súas dúas sedes da Coruña e Vigo a exposición “Laxeiro, a lóxica do irracional” que poderemos gozar ata o 1 de xuño.

Foi o pintor de Lalín un dos mellores artistas galegos que soubo sintetizar a a tradición visual da nosa cultura coas linguaxes anovadoras do panorama artístico occidental do século XX. A exposición pretende achegar unha visión completa da súa produción artística, mediante unha selección de medio cento de obras, repartidas entre as sedes da Fundación da Coruña e Vigo.

Esta exposición ofrece un percorrido por unha escolma das súas obras con carácter temático, xa que non cronolóxico, para provocar un achegamento á fascinante iconografía do artista que soubo crear unha estética propia a partir de diferentes elementos, como a mitóloxía popular, a iconografía relixiosa románica e a súa extraordinaria capacidade para a fabulación.


Lembrade que sobre Laxeiro INICIARTE xa fixo dúas entradas, unha para celebrar o seu centenario e outra sobre os seus "monos" en colaboración co noso blog amigo Trafegando ronseis, con quen tamén compartimos este post.

1 comentario:

saaritaa dijo...

Un pintor interesante,la verdad es que tenia ganas de ir a la exposición de la Coruña,pero no se me presentó la ocasión...supongo que estará "chachi".