27/6/22

Jaume Plensa: "Julia"

 





Julia é unha obra de Jaume Plensa (Barcelona, 1955) feita co mecenazgo da Fundación María Cristina Masaveu Peterson para a cidade de Madrid.

Esta peza de gran formato de doce metros de altura exponse na Praza de Colón (Madrid), no espazo que antiguamente ocupaba unha escultura do navegante.






Realizada en resina de poliéster e po de mármore branco, esta escultura fará posible que, por primeira vez, o Premio Velázquez das Artes en 2013, Jaume Plensa, expoña unha obra destas características en España. A elección deste artista, de recoñecida traxectoria internacional, pretende impulsar o desenvolvemento de proxectos futuros. En palabras do seu autor, Julia pretende provocar “un instante de reflexión persoal e íntimo dentro do axitado dinamismo que xera o espazo público”.

A figura baséase nun modelo real, unha nena de San Sebastián, a quen Plensa escaneou para extraer o volume exacto da súa cabeza. Este escaneado permite un traballo a partir das mallas que compoñen a imaxe, as cales se deforman posteriormente por computador para estilizar a figura mantendo a anatomía do corpo, servindo así como base para a realización da peza. 





O rostro oriéntase ademais cara ao oeste, cara á posta de sol, establecendo unha estreita relación coa fachada do edificio da Biblioteca Nacional e proxectando unha interesante sombra sobra a praza.

Para o artista “Julia está dirixida ao corazón do noso ser. É un espello poético e virtual no que cada un de nós poida verse reflectido nas súas preguntas máis íntimas”.






Vídeo do instalación da obra na praza.

Artigo “Los significados de Julia de Pablo de Llano en El País.

Fotos:INICIARTE.


No hay comentarios: