23/5/22

Exposición Julio González e as Vangardas no IVAM


Reportaxe fotográfica da exposición.




Esta exposición sitúa a obra de Julio González (Barcelona, 1876-París, 1942) no centro do debate estético, político e social da súa época e pretende xerar un discurso que relacione todos estes aspectos a partir das obras e a documentación que o IVAM conserva del e doutros artistas das vangardas históricas. Á súa vez ten a vontade de permitir unha aproximación á realidade artística e cultural das metrópoles onde desenvolveu o seu traballo creativo: Barcelona e París.






No percorrido da exposición destácanse algúns momentos sobranceiros na súa traxectoria como o seu período de formación no círculo modernista catalán e a relación co seu irmán Joan; a amizade con Joaquín Torres-García (Montevideo, Uruguai, 1879-1949) e o contacto con algúns dos artistas que formaron parte de Cercle  et Carré, a súa partícipación no Pavillón da República na Exposición Internacional de París de 1937, e o carácter innovador da súa escultura a partir da Muller ante ao espello (1937).









Texto:
IVAM

Fotografías: INICIARTE

No hay comentarios: