Ben lembro que cando chegamos a Sidney sentíamos unha
atracción especial por contemplar o edificio da Ópera. Fixemos a visita guiada
e foi o centro de atención da miña cámara durante moitos días.
Hai tanto escrito sobre esta obra que decidín traducir o que
aparece na Wikiarquitectura:
Introdución
Tras obter o triunfo nun concurso internacional, en 1959
iniciaba o arquitecto danés Jø rn Utzon a construción do seu controvertido
edificio da Ópera House de Sidney, en
Bennelong Point, na idea que o
mesmo arquitecto definía como “de cuarteiróns de laranxa”.
Os extraordinarios
complexos problemas de enxeñería aos que tivo que facer fronte Utzon provocaron o atraso na realización do
proxecto, que o enxeñeiro anunciara finalizar en tres anos e cun custo de tres
millóns de dólares australianos, cando o edificio concluíuse quince anos
despois do seu inicio, cun custo total de 102 millóns de dólares. Utzon renunciara ao proxecto xa que a calidade
do son interior do edificio non correspondía á súa espectacularidade exterior.
O edificio, que se estrutura baixo unha serie de cascos
mariños, alberga varios complexos teatrais, todos eles organizados sobre eixos
de centralidade e axialidade. Ten varias salas, a maioría delas dedicadas a estudos de música, cunha capacidade
para máis de 5.000 persoas comodamente sentadas.
A presentación do proxecto de Utzon en 1957 foi esquemático, explicando o concepto de
construción. Esta presentación foi considerada moi destacada por un dos xuíces,
o renombrado arquitecto Eero
Saarinen e a pesar de que o concepto era pouco máis que un esbozo, o
primeiro ministro naquel momento, Joseph
Cahill anunciou a súa construción para dentro de dous anos.
Despois de numerosas probas,
Utzon e o enxeñeiro Ove Arup desenvolveron un deseño baseado nas
complexas seccións dunha esfera. As bóvedas de crucería prefabricadas das carcasas comezaron a erixirse e o podio completouse en 1964. A pesar
diso e ao gran impacto visual do deseño das cubertas, Utzon non finalizara os seus plans para o
interior das cunchas. A mediados de 1965 asumiu un novo goberno liberal que
cuestionou os deseños, o programa e os custos, estes últimos cun gran desfase, o orzamento orixinal era de 3
millóns de dólares australianos e terminou custando máis de 100 millóns de
dólares, sendo necesaria máis dunha década para completarse.
Considérase un dos
proxectos máis custosos na historia dos “megaproxectos”. Utzon foi substituído por un grupo de
arquitectos seleccionados polo Ministro de Obras Públicas de Nova Gales do Sur. Ted Farmer, arquitecto do goberno, completou as
paredes de cristal e os interiores.
Cando o goberno finalmente deixou de pagar a Utzon, este viuse obrigado a retirarse como
xefe arquitecto, renunciou e foise de Australia, non estivo presente na súa
inauguración en 1973 e foi en 1999 que finalmente o arquitecto e a súa obra
mestra reuníronse. Nese ano Utzon foi
chamado para volver converterse no arquitecto da Ópera de Sidney e desenvolver
un conxunto de principios de deseño que reflectisen a súa visión orixinal,
actuando como guía en todos os futuros cambios do edificio.
“… Se eu acabase a obra levouna a través dunha sensación de
movemento. O tratamento do espazo como música, case non existe hoxe en día na
arquitectura…”( J. Utzon)
FOTOS: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario