11/3/19

The Customs House, Sidney


The Customs House. 45 Alfred Street, Circular Quay, Sidney CBD, Nova Gales do Sur.

Un dos edificios que primeiro chama a atención do visitante en Sidney é o da Antiga Alfándega ou The Customs House. Está situado na área de Circular Quay e foi construído entre 1844 e 1845 segundos o deseño de Mortimer Lewis.

Orixinariamente a construción serviu como sede da axencia departamental do Servizo de Aduanas e Protección Fronteiriza do Goberno de Australia ata 1990.



Posteriormente a propiedade do edificio foi traspasada ao Consello da Cidade de Sidney en 1994 cando foi convertido nun lugar de exposicións.  No 2003, tras unha nova renovación, foi adaptado, tamén como sede da Biblioteca de Sidney.

O primeiro que chama a atención ao entrar é o masivo emprego da esvástica como elemento decorativo do chan. Mesmo houbo que colocar unha placa informativa para desvencellala dunha interpretación nazi. Os e as lectores e lectoras deste blog ben coñecen o emprego deste símbolo desde a prehistoria.

No recibir do edificio hai unha enorme maqueta, de 4,2 metros x 9.5 metros, da cidade que foi construída por Modelcraft en 1998 e que ten un peso dunha tonelada.


A súa construción fora iniciada en resposta ao crecente volume de mercadorías que chegaban ao porto.

Ten unha estrutura de estilo xeorxiana, moi a gusto da época e do que podemos contemplar aínda moitos exemplos en Sidney e Melbourne. As súas grandes xanelas permitían ter unha visión clara da actividade comercial do porto.

Cando abriu ás súas portas foron clausuradas as antigas en The Rocks (zona actual dun gran ambiente nocturno). A súa altura foi ampliada con tres novos andares da man do arquitecto colonial James Barnet , en 1887. Posteriormente, e xa no século XX, fixéronse máis reformas, especialmente durante a Primeira Guerra Mundial.

No andar superior hai unha cafetería restaurante cunhas magníficas vistas a Circular Quay.

O 2 de abril de 1999, o edificio incluíuse no Rexistro do Patrimonio do Estado de Nova  Gales do Sur coa seguinte declaración de importancia:
A Aduana de  Sidney ocupa unha posición simbólica e física única no sitio de  First  Fleet  Landing. A súa localización é un recordatorio físico da importancia de Circular  Quay como o centro marítimo orixinal da colonia. A Casa de Aduanas contén partes do edificio máis antigo que sobreviviu deste tipo en Australia, utilizado continuamente durante 145 anos. É un rexistro físico da historia do Servizo de Aduanas e a súa importancia na historia de Australia. A Aduana encarna o traballo de tres arquitectos gobernamentais sucesivos e individualmente distinguidos:  Mortimer Lewis, James  Barnet e  Walter  Liberty  Vernon”.

Desde xuño de 2004 foi incluído na Listaxe do Patrimonio da Commonwealth.

FOTOS: INICIARTE

No hay comentarios: