4/12/17

Igrexa da abadía de san Clodio e Pórtico renacentista (Ribas de Sil, Lugo)


A abadabía de san Clodio foi fundada hai uns mil anos e foi doada coas súas terras e cincocentos vasalos aos frades de san Bieito, pusuidores da mesma ata a desamortización decimonónica.

O seguinte texto pódese ler tanto en patrimoniogalego como na entrada da propia igrexa.

Da vella igrexa románica de San Clodio, da primeira metade do século XII, só resta a ábsida e a porta norte da nave.

O resto é moi posterior. Existen dúbidas sobre elementos de raigame visigótica quizais aproveitados dun templo máis antigo, xa que segundo diferentes documentos, e como se pode observar na colocación das pezas que forman o arco da portada norte, trátase de elementos reutilizados para a construción da igrexa. Os canzorros da ábsida son case todos lisos, agás dous decorados con rombos e outros coa cabeza dun carneiro. A porta norte da nave é de medio punto.


Na actualidade a nave está aumentada lonxitudinalmente respecto das súas proporcións primitivas, coa decoración das ventás exteriores e fragmentos das columnas realizados en calcaria, en contraste coa lousa do país.



Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
VÁZQUEZ SACO, Francisco, Boletín de la Comisión provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, Tomo VI, Lugo, 1957, págs. 165-166

Exteriores:








 Tamén é moi interesante o pórtico renacentista ao carón da igrexa. Segundo podemos ler ao se pé, este pórtico resistiu o gran terremoto de Lisboa de 1755 pero viuse afectado polo mesmo xa que deslizou a clave do lintel.




O seguinte texto informa da recuperación da abadía, pois estaba en ruínas, en 1604 por parte de Afonso de Solís.






Fotos: INICIARTE.

No hay comentarios: