Obradoiro Xonio. Mármore, Museo Arqueolóxico de Delfos
A Esfinxe de Naxos, é unha esfinxe que data do ano 575 - 560 a. C. e que foi esculpida polos habitantes da Illa de Naxos na Antiga Grecia.
A esfinxe procede da Illa de Naxos, aínda que foi unha ofrenda dos seus habitantes realizada no Templo de Apolo de Delfos, e orixinariamente situábase no alto dunha columna cun capitel xónico, situada ao sur do mesmo santuario duns 12 metros de alto.
O rostro do mítico monstro é feminino (unha koré), con grandes ollos abertos e beizos riseiros, en consonancia coas tendencias da escultura arcaica. A cabeza está coroada por unha cinta e as trenzas caen sobre os ombreiros, de onde comezan as elaboradas ás do paxaro. Na súa parte inferior reprodúcese o corpo dun león, cuxos detalles estarían representados con policromía.
Hai uns certas dúbidas sobre o significado das esfinxes. Maioritaria mente acéptase que era unha protectora dos mortos , isto, cando menos durante a Grecia Clásica pois anteriormente hai quen as interpreta como animais depredadores. Tamén hai quen afirma que segundo a mitoloxía clásica tiña a función de vixiar o Santuario de Apolo, propondo aos visitantes unha adiviña e o que non fora quen de solucionala era asasinado. Ao estaren colocada sobre un pedestal, unha columna e por varias inscricións atopadas nas súas bases, hoxe enténdese que eran monumentos adicados a protexeren as tumbas e as persoas alí contidas. De tódolos os xeitos tamén poden representar a poles e aos seus habitantes coma comunmente é interpretada esta esfinxe dos naxios.
Unha das pezas arquitectónicas máis chamativas da impactante
Mesenia (Peloponeso, Grecia) e da que xa vos fixen unha pequena introdución, é
o monumento funerario a un heroe local situado no estadio. De feito, a páxinaweb do xacemento infórmanos de que, efectivamente, este monumento forma parte
do estadio tanto pola súa arquitectura coma pola súa función.
O edificio é un pequeno templo dórico con catro columnas na
fronte (xa que logo próstilo) e feito na pedra local, a caliza.Atópase no lado sur do estadio, xusto á
dereita do eixe da pista das carreiras, nun podio rectangular que se proxecta coma
un bastión da impresionante muralla da cidade.
O edificio con forma de templo era un monumento funerario,
unha especie de Heroon-Mauseleo. Pertence á tradición de monumentos semellantes
de Asia Menor, como o monumento das Neiras en Xanthos ou o Mausoleo de Halicarnaso.
Describe esta sociedade e esta obra o inefable Pausanias (IV.XXXII).
O Heroon- Mausoleo do estadio pertencía
probablemente á rica familia dos Saithidai xa que membros sobranceiros da mesma
foron enterrados nel e e mesmo recibiron honras como heroes no século I a.C.
Sobre as catro columnas dóricas aséntase o arquitrabes e,
por riba del. Aínda pódense contemplar os triglifos. Das métopas non hai
restos. No pequeño frontón destaca unha peza circular. Na parte posterior do
eficio destaca o impresionante podio.
Vitoria ou Niké é unha escultura grega de mármore de Paros,
cuxa autoría é atribuída por Pausanias ao escultor Peonio de Menda e fechada
entre os anos 425 a. C. e 421 a. C., enmarcada, xa que logo, dentro do periodo
clásico. Foi descuberta en 1875 durante as campañas de escavacións que
dirixiron os alemáns por toda Grecia naqueles anos. Atópase no Museo Arqueolóxicode Olimpia.
Orixinalmente estaba situada diante do Templo de Zeus, en
Olimpia, a uns 30 metros da súa esquina sureste. A parte conservada da
escultura está esculpida dun só bloque de mármore de Paros, ten unha altura de
2,115 metros e coas ás despregadas, que se perderon na súa maior parte, debía
medir case 3 metros. Estaba colocada sobre un pedestal triangular de 8,81
metros de alto formado á súa vez de 12 bloques tamén triangulares.
A imaxe representa á deusa Niké ou Vitoria descendendo á
terra para agasallar aos vencedores cun ramo de oliveira que leva na súa man
dereita, con ás despregadas e as roupas que se pegan ao seu corpo por efecto do
vento e do seu movemento.
O escultor representa a unha nova deusa alada en toda a súa
grandeza, no momento en que, baixando do ceo, chega á terra e pon o pé sobre un
aguia, símbolo de Zeus. As ás e o, noutro tempo, himatión vermello, destruídos
na actualidade, eran axitados polo vento cara atrás e cara arriba, dando así
unha sensación de equilibrio e voo. O quitón da deusa está pegado sobre o corpo
desvelando todos os detalles do corpo feminino. A Nike está apoiada na perna
esquerda, lixeiramente adiantada, sobre un aguia. O rostro da deusa non se
conserva, a causa da caída da estatua. Tamén falta parte das ás, do corpo, da
vestimenta e as ás de metal do aguia.
Nunha das fiadas do pedestal os donantes gravaran unha
inscripción: “os mesenios e os naupactios dedicaron como diezmo do botín de
guerra a Zeus Olímpico”. Máis abaixo, con letra máis pequena, lemos: “realizouna
Peonio de Mende, así como as acróteras do templo logo de concurso”.
Así coñecemos a causa do encargo desta singular obra. Os
mesenios e os naupactios dedicárona a Zeus cando derrotaron ao exército máis
forte da antigüidade, o dos lacedemonios. O acontecemento histórico ao que se
refire a inscripción é a batalla do 421 a.C., do último ano da guerra de
Arquidamo. Logo das batallas victoriosas, e 10% do botín de guerra, o chamado “diezmo”,
dedicábase aos grandes santuarios. As estatuas con inscripcións que se conservaron
son escasas e as inscripcións que nos chegaron son extraordinariamente
importantes pola información que nos proporcionan. Na de Nike temos tamén a
firma do artista, que xa sabe que creou unha obra de arte e a firma. Igualmente
importante é a noticia de que Peonio esculpiu as acróteras do templo de Zeus
logo dun concurso.
A Nike de Peonio é quizá a estatua máis viva da arte grega
antiga. O gran escultor de Mende (Calcídica) logrou domar un enorme cubo de
mármore, de 3 x 3 m. aproximadamente e crear unha figura alada única en beleza,
movemento e vivacidade, dándolle unha atrevida inclinación cara adiante, de
modo que ao mirala pódese pensar que nese momento acaba de baixar do ceo.
Texto procedende da Wikipedia e de Olimbía Vikatu. Olimpia.
El emplazamiento arqueológico y los museos. Atenas, Ekdotiké, 2006.
Da aparente calma do frontón oriental, o artista
lévanos, con asombrosa habilidade e maestría, ao frontón occidental, onde se
representa outra batalla no seu punto culminante. Trátase da Centauromaquia, a
loita entre os Centauros e os lapitas. Segundo o mito, Pirítoo, rei dos
lapitas, habitantes da rexión de Pelión, celebraba a súa voda con Deidamía. Ao
banquete nupcial estaban tamén invitados os seus medio irmán os Centauros, que
tamén vivían nos montes do Pelión. Na festa, os Centauros, ebrios, transgredindo
a sagrada institución da hospitalidade, intentan raptar ás mulleres dos
lapitas, mentres que os lapitas apoian ás súas mulleres, tendo como resultado
final un terrible enfrontamento que se desenvolve ante nós.
Conxunto de lapitas varóns e femias e Centauros
crean unha escena bélica irrepetible, chea de tensión, paixón e forza. No
centro, o deus Apolo (de 3,10 metros de altura), presente, co atributo de deus
da harmonía e da orde, cun dinámico movemento do seu brazo trata de impoñer a
orde. Na súa man dereita levaba un arco. Está enmarcado por Pirítoo e por
Teseo, o coñecido heroe ateniense, amigo de Pirítoo, que estaba invitado á voda.
Pirítoo ataca ao rei dos Centauros, Euritión, que
secuestrou á noiva Deidamía. A loita vai descendendo cara aos dous extremos do
frontón, onde dúas mulleres lapitas tombadas seguen o enfrontamento coa boca
semiaberta polo pánico. A angustia e a tensión están reflectidas nos seus
rostros. Das catro figuras femininas tombadas, tres era de mármore pentélico e
foron substituídas no século IV a.C. (a primeira da esquerda) e no século I
a.C. (as outras dúas), cando as iniciais foron destruídas por un terremoto.
Do conxunto destácase o de Euritión e Deidamía, no
momento en que o rei dos Centauro rapta á noiva, mentres que esta, retorcendo o
seu corpo, intenta liberase do seu erótico abrazo. As rudas caras dos Centauros
cos seus rasos animais, que recordan máscaras teatrais, se contrapoñen cos
belos rostros das mulleres e dos homes, co Eurión e o de Deidamía como punto
culminante.
A tensión predomina por todas partes: nos rostros,
nos movementos, na expresión das caras e nos corpos equinos dos Centauros, de
tal xeito que se diría que se ve que corre impetuosamente o sangue polas venas
inchadas pola sobreexcitación. O resultado deste enfrontamento será a vitoria
dos lapitas:
“Aquí, neste frontón,
aprecias toda a escala da xerarquía: o deus, o home libre, a muller, o servo, a
besta… O deus áchase no centro, en pé, sereno, dono e señor da súa forza. Ve a
espantosa escena e non se altera -subordina a ira e a paixón, sen permanecer
doutra banda indiferente- posto que alarga tranquilamente o brazo e dá a
vitoria a quen lle gusta. Os lapitas, os homes, conservan tamén no posible
inamovible o selo do home nos seus rostros -non berran, non son presas do
pánico- son con todo home, non son deuses, e unha leve vibración nos beizos e
unha engurran na fronte manifestan que sofren. As mulleres sofren moito máis -pero
a súa dor mestúrase indecentemente cun sombrío pracer- Os Centauros, bestas,
libertinos ebrios, abalánzanse sobre as mulleres e os mozos, oubean, morden,
falta a mente para impoñer orde á súa forza e nobreza á súa paixón?... É
extraordinario este momento no que os diferentes chanzos da vida, todos eles,
conservan intacto o seu rostro. Neste momento fosilizado coexisten todos os
elementos: a imperturbabilidade divina, a disciplina do home libre, a explosión
da besta, a representación realista do servo”.
Quen describiu mellor que N. Kazantzakis o frontón
occidental do templo?
Desde o punto de vista artístico, no frontón
predominan as liñas curvas e oblicuas que son creadas polos grupos e que
enmarcan os eixes centrais verticais de Apolo, Pirítoo e Teseo.
Os mitos de ambos frontones teñen un profundo
sentido. A Enómao, trala ultraxe cometida ao matar aos pretendientes, chégalle
a catarsis. Na Centauromaquia predomina o espírito humano sobre os elementos
salvaxes da natureza, a vitoria dos gregos sobre os bárbaros.
Texto procedente de Olimbía Vikatu. Olimpia. El
emplazamiento arqueológico y los museos. Atenas, Ekdotiké,2006.
Esta entrada serve como tarefa do curso "Ambientes personais de aprendizaxe e redes sociais na educación".
Antes de que leades o seguinte texto e vexades as fotos,
gustaríame facer uns pequenos apuntamentos persoais:
-As
pezas están expostas nunha sa realmente grande, á altura da importancia
histórico-artística do conxunto escultórico cunha iluminación magnífica.
-As
pezas están expostas á altura dos visitantes para que as podamos apreciar en
toda a súa magnificencia.
Pero… Cando foron esculpidas estaban policromadas e foron
deseñadas para estaren colocadas a varios metros de altura polo que non as
estamos contemplando como cando foron feitas hai vintecinco séculos. Tamén
gustaríame que as pezas puideran ser contempladas pola súa parte traseira, tal
é como se pode facer no Museo Británico coas pezas dos frontóns do Partenón,
para poder estudalas na súa complexidade.
Introdución
A principios do século V a.C. Clístenes instaurou a
democracia en Atenas, e Grecia, trala dramática experiencia das Guerras
Médicas, fortaleceuse coas vitorias
sobre os persas, que determinaron a traxectoria da nación grega e tamén da
civilización occidental en xeral. Estes conmovedores acontecementos afectaron
directamente á vida social, política, relixiosa e cultural dos gregos, que en
diante afrontan a vida de forma diferente. Entón comeza, tamén para a arte, o
período máis brillante de creación. A inmobilidade das figuras desaparece e o
seu lugar ocúpao un movemento cheo de harmonia e vivacidade. O indiferente
sorriso arcaico pérdese e os rostros adquiren unha expresión seria, sobria, que
manifesta introversión e recollimento. A Época clásica temprana (480-450 a.C.),
durante a cal aparecen estes cambios, é coñecida como o “estilo severo”, e
constitúe o anuncio das obras mestras da Época clásica.
Na sala central do Museo de Olimpia alóxanse as mostras máis
soberbias do estilo severo da arte grega: a decoración escultórica do templo de
Zeus, que se realizou en dúas composicións de frontón compostas por 42 figuras,
nunha ducia de metopas cos traballos de Heracles e nas gárgolas en forma de
cabeza de león do tellado, todas elas talladas en mármore de Paros.
Frontón oriental
Para decorar o frontón oriental os eleos escolleron un mito
local, a carreira de carros entre o rei de Pisa Enómao e o príncipe lidio
Pélope. Trátase da única representación deste mito na gran plástica. A
composición está constituída por 21 figuras, que cubrían a superficie do
frontón triangular (de 26,39 metros de lonxitude e 3,47 metros de altura
máxima). A representación narra o momento anterior ao comezo da formidable
competición.
No centro, o señor do santuario e xuíz invisible, Zeus,
levaba na man dereita un raio. Está rodeado polos personaxes centrais do mito,
a parella Enómao-Estérope e Pélope-Hipodamía.
Á dereita de Zeus, Enómao, con casco, tiña unha lanza na man
esquerda. Ao seu lado, a súa muller Estérope ten un brazo dobrado no peito e o
outro quizá cara ao queixo, nun movemento que revela a súa angustia polo
resultado da carreira. Diante dela, Mírtilo axeonllado, fillo de Hermes e
auriga de Enómao, ou segundo outros palafrenero. Segue a cuadriga do rei de
Pisa, da que se conservan os catro cabalos. Detrás destes, o auriga tomou o seu
posto, listo para a saída. Segundo a opinión de certos estudosos esta figura pertence
a Mírtilo. Despois hai un adiviño de xeonllos (quizais Clitio ou Amitaón) e no
ángulo do frotón aparece indolentemente tombado Alfeo, o río sagrado de
Olimpia.
Á esquerda de Zeus, o novo príncipe Pélope, con casco,
levaba unha lanza na man dereita, escudo na esquerda e está representado
espido, con corpo forte. Ao seu lado Hipodamía levanta coa man esquerda o peplo
dórico, co coñecido e característico movemento da escena nupcial do
“desvelamiento”. Diante está, de xeonllos, a súa sirvinta.
Seguen os catro cabalos da cuadriga de Pélope e, detrás
destes, a asombrosa figura dun ancián que mira, cara ao centro, aos
protagonistas do mito.
Trátase de Iamos, ou de Amitaón, ou de Clitio, o ancián
adiviño do santuario. A súa expresión, chea de recollimento, xorde da súa
capacidade adivinatoria que lle permite coñecer que esta vez vencerá o mozo e
non o seu rei. Coa man esquerda apoiábase nun bastón mentres que coa dereita
sostense a cabeza. O artista reproduce o envellecido corpo e o inquedo rostro,
coa fronte engurrada, de forma singular.
A continuación vén a figura dun mozo que, axeonllado, mira
cara aos espectadores xogando co dedo do pé. No ángulo do frontón, a figura
tombada pertence a Cládeo, o outro río de Olimpia.
Toda a composición estaba acentuada con ricas cores que non
se conservaron e completábase co armamento de bronce dos heroes e os carros,
tamén de bronce, dos que tiraban os cabalos.
Trátase, quizais, da composición máis completa,
iconográficamente falando, da arte grega, con todas as persoas do mito
presentes. O artista realmente creou unha gran obra, pois coas 21 figuras
logrou reflectir do mellor xeito os preparativos do duelo entre Pélope e Enómao
e, ao mesmo tempo, situar ao espectador no mito tanto espacial como
temporalmente. Ao representar aos dous ríos sagrados nos ángulos do frontón,
manifesta que o comezo da competición ten lugar en Olimpia, que se atopa entre
ambos. Cando representa ao auriga detrás do carro de Enómao quere dicir que en
breve vaise a dar a saída da terrible carreira. A expresión adusta dos rostros
e as figuras inmóbiles dos protagonistas reflicten a angustia, a ansiedade e a
inquietude polo dramático final.
A disposición das figuras no frontón foi obxecto de
larguísimos estudos e discusións entre os investigadores. Na presente
exposición colocáronse de acordo coa posición en que se atoparon diante do
templo e as dimensións das mesmas. Segue existindo certa controversia sobre a
posición das dúas parellas, de Enómao-Estérope e Pélope-Hipodamía, á esquerda
ou a dereita de Zeus, e en canto á identificación das dúas divinidades
fluviales.
A composición é unha obra mestra tamén desde o punto de
vista artístico. O seu creador, asimilando as investigacións dos séculos
anteriores, enmarca de modo excepcional as figuras no esquema triangular do
frontón, onde predominan os eixes verticais e horizontales que crean as figuras
ergueitas, arrodilladas e tombadas.
No recuncho da esquerda exponse un fragmento da inscripción
dos lacedemonios, que se cita no escudo de ouro que dedicaron ao templo logo da
súa vitoria en Tanagra (457 a.C.) sobre os atenienses, os argivos e os xonios.
Texto procedente de Olimbía Vikatu. Olimpia. El
emplazamiento arqueológico y los museos. Atenas, Ekdotiké, 2006. Máis información na Wikipedia, en Artehistoria e na UDC.
Nunha das
salas do magnífico museo de Delfos atopeime con esta pequena xoia encargada polos habitantes da illa de Sifnos, no mar Exeo. Son os restos escultóricos procedentes dun edificio xónico adicado ao deus Apolo. O tesouro acollía as riquezas que chegaron á cidade de Delfos desde as minas de ouro e prata antes de que se inundaran pola subida do mar. Copio da
guía do museo o seguinte texto:
Una das
creacións máis sigfinicativas da arte xónica é a decoración escultórica do
tesouro dos Sifnios, que data do 525 a.C. aproximadamente. Del conserváronse en
bo estado os conxuntos do friso, fragmentos do frontón oriental e da porta
monumental, así como unha das dúas cariátides do pródomo.
Nos frisos
do tesouro parece que traballaron dous artistas distintos. No friso norte e no
oriental o escultor adentrouse en innovacións, seguindo a evolución da arte
ática. Pola contra, os lados sur e occidental son obra dun artista que repite
modelos antigos, sen volverse a novas indagacións.
Fragmento do friso oriental no que se representan esceas da guerra de Troia. De esquerda á dereita: Afrodita, Ártemis e Apolo.
No lado
oriental represéntanse escenas da guerra de Troia, cos heroes da Ilíada
(Héctor, Menelao, Aiante, Néstor, etc) combatendo ante os deuses en asemblea
(Ares, Afrodita, Ártemis, Apolo, Zeus, Hera, Atenea, etc. ).
Detalle do friso norte: un león do carro de Cibeles devorando a un Xigante.
No friso
norte represéntase a mítica batalla dos deuses contra os xigantes, onde se
consegue transmitir de modo excepcional o ímpetu dos contendentes. Destacan as
figuras de Hefesto, Heracles, Cibeles, Ártemis, Apolo, Zeus, Hera. Atenea,
Ares, Hermes e Poseidón. Os nomes de determinados xigantes están escritos sobre
os seus escudos.
Detalle do friso norte: a loita contra os Xigantes.
O tema do
friso occidental é o xuízo de Paris, quen, segundo o mito, debía outorgar unha
mazá de ouro á máis fermosa de entre as deusas, Atenea, Hera e Afrodita
(Minerva, Xuno e Venus). No fragmento conservado distínguense as figuras de
Atenea e Afrodita.
É
descoñecida a escena do friso sur, que representa o rapto dunha muller. Segundo
certa opinión, trátase do mítico tema do rapto das Leucípides.
Frontón este no que se representa a liorta entre Heracles e Apolo polo trípode do oráculo de Delfos.
Dos frontóns do tesouro salváronse fragmentos do
oriental, no que se representa a disputa polo trípode délfico. Segundo a
tradición, Heracles intentou arrebatarlle o trípode a Apolo para fundar o mesmo
un oráculo. No enfrontamento de ambos contendentes interveu Zeus, que os detivo
arroxando o seu raio. A peculiaridade do frontón reside en que as figuras
represéntanse na parte superior exentas e na inferior en baixorrelevo.
Bibliografía: Delfos. El sitio arqueológico y el museo. 2008, Atenas, ed. Xaitali.