Desde o portal Cultura on line de Portugal podemos achegarnos a unha serie de museos, pazos e munumento do país irman facendo visitas virtuais e en 3D. As miñas visitas preferidas (criterio subxectivo e de coñecemento persoal) son as seguintes:
O Mosteiros dos Xerónimos de Lisboa, do que INICIARTE xa vos ten falado, é de estilo manueliño e do século XVI.
O Convento do Cristo de Tomar, e é que nesta cidade hai moita arte (lembrade a famosa xanela de Tomar), foi fundado pola orde do Temple no XII.
O Mosteiro de Batalha, tan espectacular e grandioso coma sempre é do gótico serodio e feito para conmemorar a vitoria sobre as tropas casteláns na batalla de Aljubarrota.
O Mosteiro de Alcobaça, coa súa pureza de liñas góticas cistercienses, de feito é a primeiro edificio gótico portugués.
A Fortaleza de Sagres, do século XV (ampliada no XVIII) e que mira ao Atlántico (buscade a ligazón á visita virtual e en 3D)
O Mosteiro de santa Clara a Velha (facede igual ca na Fortaleza de Sagres) de monxas clarisas chegadas a Coimbra desde Zamora no século XIV.
O Mosteiro de Sao Martinho de Tibaes en Braga, con obra desde o XII e desamortizado no XIX.
O Palácio Nacional de Mafra, impoñente e impactante obra barroca (entrade no roteiro 3D e na ligazón de visita virtual)
O Palácio Nacional de Queluz, obra dos séculos XVI e, sobre todo, XVIII (facede igual ca no Mafra para coñecelo axeitadamente)
O Palácio Nacional de Sintra, único pazo real medieval conservado en Portugal e reconstruído no XIX e XX.
1 comentario:
que buen articulo para entrar y visitar y descubrir desde el arte y la historia esta cultura.
Publicar un comentario