24/5/12

Picasso e as mulleres (II): primeiros amores na Coruña


Como ben saberedes entre 1891 e 1895, o neno Pablo viviu na Coruña e tamén como saberedes gran parte da súa producción artística non sería comprensible sen coñecer á muller ou mulleres (en plural posto que cando andaba pensando en divorciarse de Olga Khokhlova, tiña á súa amante Marie-Therese embarazada xa empezaba a tontear con Dora Maar) que compartían a súa cama.

Mais o primeiro amor do artista foi na Coruña, segundo nos relata o seu neto Olivier:

"A familia abandonara Málaga, ao sur da Península Ibérica, e instalouse na Coruña, cidade ao bordo do mar, azoutada polo vento e a choiva, no norte de España. Pablo namorouse dunha alumna da súa clase, Anxos Méndez Gil, filla dunha familia burguesa. Nos debuxos que lle regalaba cruzaba as súas iniciais coas súas, igual que o fará moito máis tarde coa miña avoa Marie-Therese, a finais dos anos vinte. Mantivo unha relación secreta ante as mesma narices das súas respectivas familias. Ao descubrirse, a familia de Anxos desaprobou tan radicalmente este idilio cun mozo de extracción baixa que enviou á moza a outra cidade… Así trematou o desatino amoroso. O corazón do adolescente estaba roto, e moi ferido o seu orgullo!"

Nestes anos o alumno Picasso pinta a Torre de Hércules que hoxe podemos contemplar no Museo de Barcelona.

Bibliografía: 
Olivier Widmaier Picasso. Picasso, retratos de familia. Madrid, Algaba, 2003, páx. 38.

No hay comentarios: