29/4/12

Picasso e as mulleres


Ao longo da súa fecundísima actividade creadora, Pablo Picasso recorreu permanentemente  á muller como fonte de inspiración e modelo. Fixo obras profundamente sensuais ou radicalmente carnais ata tal punto que é imposible separar  a faciana creadora do malagueño  da súa vida sentimental. Vida sentimental na que fixo de todo agás estar tranquilo e fiel. 

Moito tense escrito sobre a súa relación coas mulleres…
 
Para que teñades algo máis de información podedes ler un traballo da doutora PaulaIzquierdo, autora do libro “Picasso y las mujeres” que foi valorado no DiarioSur e por un psicólogo arxentino. Tamén o fotógrafo David Douglas Duncan, no seu traballo “El mundo privado de Picasso” ofrécenos información máis ca curiosa ou mesmo a neta do pintor, Marina Picasso en “Picasso, mi abuelo”.

A liña argumental do imaxinario feminino na obra picassiana foi tema de moitas exposicións, como esta do Museo Picasso de Málaga.

Finalmente, déixovos dous vídeos, aclarando que algunha información que se contén só é responsabiblidade de quen a fai    (..."é lóxico que un home de 50 anos como Picasso se namore dunha nena e estea farto da súa muller...")


No hay comentarios: