skip to main |
skip to sidebar
Chicago é hoxe unha cidade que chama poderosamente a atención polo seu desenvolvemento arquitectónico en altura no seu centro, no Loop. Veremos en varias entradas un pouquiño da súa historia.
Conta a historia que poucos
minutos logo das 9 da noite do 8 de outubro de 1871, unha vaca dun cortello
situado no 137 de Dekoven Street deixou caer unha lámpada de queroseno dentro
do establecemento. As acusacións recaeron sobre un avaca dunha tal señora
O´Leary, aínda que a investigación posterior non puido confirmalo. A pequena
faísca que provocou pronto se expandiu avivada polo vento. Desde o principio,
os bombeiros loitaron contra o lume nun combate desigual, pois o vento (lembrade
que a Chicago coñécese coma a cidade do vento) contribuíu en avivar as chamas
durante dous días interminables, nos que as construcións de madeira pasábanse o
facho da destrución unas a outras.
Xa desde a primeira noite, o
vento transportara tizóns acendidos cara ao outro lado do río, arrasando as
chamas ao mesmo centro da cidade e aos seus principais edificios. Un a un foron
caendo edificios federais, hoteis, a Corte de Xustiza e moitísimos edificios de
vivendas. Para o 10 de outubro, o lume destruíra 6,5 km² do centro da cidade,
provocado case 300 mortos e deixado sen fogar a máis de 100.000 persoas.
Máis de 17.000 edificios foron
destruídos, estimándose unha perda superior aos 200 millóns de dólares. O
coñecido como o Gran Incendio durou 36 horas.
En 1874 aprobouse unha nova
ordenanza municipal pola que se prohibía a construción de estruturas de madeira
no centro, no Loop.
A páxina greatchicagofire recolle moita información sobre este suceso e é de onde procede a ilustración.
1 comentario:
El incendio de Chicago, tan bien descrito aquí, ocasionó la reforma urbanística de este gran nudo comercial y de comunicaciones, que dio lugar a la ciudad moderna en altura, con nuevos materiales y nuevas fuentes de energía. Abrazos, Antonio.
Publicar un comentario