Nos pasados días tiven a aoportunidade de visitar a exposición "Matisse 19-19" no Museo Thyssen-Bornemisza.
Se a obra do pintor francés pódese dividir en tres grandes etapas, esta exposición do museo madrileño está centrada na segunda, é dicir, a que vai de 1917 ata 1941. É un período no que Matisse, para dedicarse á investigación pictórica, decidiu alonxarse de París, establecéndose en Niza. Abandonará os grandes formatos e as cores planas, na busca dunha pintura mais próxima ao espectador, nunha “pintura de intimidade”, tratando de recuperar as sensacións de espazo e volume.
Persoalmente non considero que as obras expostas formen parte do mellorciño deste gran mestre da pintura contemporánea. Chamáronme especialmente a atención os seus debuxos e as súas pequenas esculturas. Se entrou na historia da arte pola porta grande non foi grazas a estes cadros.

Fotografías vía El País.
No hay comentarios:
Publicar un comentario