Piero della Francesca. Federico de Montefeltro. Ca. 1465-1472, díptico, óleo sobre táboa, 47 x 33. Galería dos Uffizi, Florencia.
Deixaremos para outra ocasión que Susana Fortes nos relate a súa visión da biografía de Federico de Montefeltro, duque de Urbino.
Neste retrato, Federico aparece xunto á súa esposa Battista Sforza, e na parte posterior da táboa están pintados os protagonistas en sendos carros. E feito esta táboa é coñecida como como o “Díptico dos señores de Urbino”.
Federico aparece en rigoroso perfil e apreciándose as súas posesións na paisaxe do fondo. Uns territorios ricos, regados por augas e con fortalezas, o que nos lembrar que este ducado caracterizouse por ser o mais avanzado na súa época na enxeñería militar. O óleo ten dous puntos de vista, o do personaxe e a da paisaxe, mais elevada. O duque ofrece o seu mellor perfil, o lado esquerdo posto que parece ser que quedara virollo do ollo dereito nun torneo, na mesma competición o seu nariz ficara claramente afectada. Viste elegantes roupas con bonete na cabeza xa que non posa coa armadura na que sería retratado anos despois. O rostro está reflectido con enorme realismo o que suxire unha certa influencia da pintura flamenga. O duque está representado coma un príncipe do renacemento.
A iluminación da obra é fantástica, pois Piero a través da luz distribuída uniformemente acada unha maior volumetría.
No reverso da táboa aparece o Trunfo de Federico II de Montefeltro e o da súa muller, representados “á antiga”, o que nos está a falar “dunha concepción da Antigüidade clásica como cimento histórico do presente e dun humanismo cristiá que fai que a Federico o acompañen no seu carro triunfal as virtudes cardinais, e a Battista as teologais”. Os óleos están acompañados por unhas inscripcións en latín. Na do duque pode lerse que a duradeira fama das súas virtudes fano semellante aos máximos caudillos.
É moi salientable como Piero presenta a imaxe do poder, dun poder que xa non lembrar importantes feitos militares ou gloriosos, senón que transcendendo da anécdota transmite mensaxes universais ao unir a imaxe do príncipe á Antigüidade clásica (carros triunfais), á continuidade dinástica (matrimonio) e á posesión do territorio (paisaxes).

Bibliografía: Alicia Cámara. "El Díptico de los señores de Urbino". En Descubrir el arte, I, 2, abril de 1999, pp. 96-98.
Créditos das imaxes: do anverso, Federico anverso, Federico reverso, reverso.
2 comentarios:
Parece ser que el Renacimiento se ha repetido en muchos tribunales.
Por Madrid...La Capilla Pazzi,y ¡cómo no! de Barroco: Murillo
Buenas vacaciones, que se han ganado con mucho esfuerzo.
Piero della Francesca... inspirou unha divertida canción de Javier Krahe.Non deixes de oíla é moi refrescante.
Publicar un comentario