3/6/09

Esfinxe de Carlos L. Medrano

Como entre amigos e amigas anda o xogo, atrévome a coller esta entrada do magnífico blog do CEIP Milladorio de Malpica

Relatos de pensamento creativo.
Éste é o subtítulo de ESFINXE, un libro delicioso que acaba de chegarme ás mans. Trátase dun conxunto de enigmas con todo o aguillón do reto e toda a dozura e o encanto dos materiais feitos con amor e intelixencia.

Tomo palabras de Carlos L. Medrano (o autor) para presentárvolo:

Este libro convídate a coñecer outros enigmas, outros Edipos e outras Esfinxes. Ó longo das súas páxinas irán desfilando detectives, espías, atletas, piratas, esploradores, princesas... e tamén xente común e corriente. De páxina en páxina viaxarás desde o Exipto de Cleopata ó Nova York do crack de 1929, dende a Samarcanda de Tamerlán á vila mariñeira de Portonovo. Algúns destes relatos son vellos clásicos que de seguro xa coñeces; outros, en troques, serán novos para ti e faránche cavilar un pouco.

En calquera caso, como todo aventureiro ou aventureira que se prepara para un desafío, ti tamén debes dispoñer as túas armas e ferramentas. As que máis che axudarán son, sen dúbida, a atención a lóxica, a intuición e a imaxinación.

Hai enigmas fáciles, medios, difíciles, moi difíciles e diabólicos. Vamos, coma para non aburrirse.

Unha pequena xoia editada por tresCtres na súa colección Polipatín que pode ser usada como material de aula... ou como nos pete. Unha caixa de sorpresas que non rematan... nin no apartado das solucións.

2 comentarios:

olga dijo...

Acabo de enviarlle un correo ó autor para que saiba que está no voso blog. Se topa o momento, spero que se dé unha volta por aquí. De todos xeitos non deixedes de ler ESFINXE: agasalla momentos deliciosos.

Antonio Martínez dijo...

Moita grazas, Olga