Non quero deixar pasar máis tempo sen aludir ao blog Quotidianum, do amigo Xosé María Bello, director do Museo Arqueolóxico da Coruña, director das escavacións do Castro de Elviña e con quen tiven a fortuna de participar nunha campaña no dolmen de Dombate e nunhas catas na Torre de Hércules. Déixovos, a continuación un pequeno texto do blog citado. As fotos tamén proveñen de Quotidianum.
"Investigación e intervencións arqueolóxicas no Castro de Elviña: estado da cuestión José Mª Bello Diéguez (museo@sananton.org) Begoña González Afuera (bgafuera@telefonica.net) Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.
RESUMO Dende 2002 desenvólvese a fase actual de intervención arqueolóxica no Castro de Elviña, con traballos de escavación, consolidación, estudos de laboratorio e proxección didáctica, no seo do denominado Proxecto Artabria, promovido e financiado polo Concello da Coruña coa colaboración doutros organismos de goberno (singularmente a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e os Ministerios de Cultura e Fomento). O obxecto desta comunicación é presentar o estado actual das devanditas investigacións e actuacións, ofrecendo os resultados dos traballos de campo e de laboratorio que se obtiveron ata o momento, os cales permiten establecer varias fases de ocupación ben diferenciadas por materiais, estruturas e secuencias estratigráficas, así como delimitar áreas de funcionalidade específica nos espazos do castro".
2 comentarios:
Mira, resulta que viví un verano mágico en las cercanías del Castro. Si encontráis unas flechas por la zona, no lo toméis como hallazgo arqueológico: las perdí yo.
Pois meus encontros máxiocs e arqueolóxicos foron no de Baroña.
Publicar un comentario