Sobre as orixes do Renacemento: A partir do XI e XII pódese constatar o nacemento da cultura arquitectónica renacentista en Italia.
Ideas antitéticas preconcibidas sobre o Renacemento: Novidade absoluta ou reducido a un “neo”. Fronte a esto hai que reivindicar a súa orixinalidade e ó seu posicionamento perfectamente inxerible na continuidade histórica da cultura.
Novo elemento a salientar: reflexión matemática sobre o espazo fronte á infinidade e a dispersión do espazo gótico. É unha innovación radical desde o punto de vista psicolóxico e espiritual: ata agora o espazo do edificio determinara o tempo do camiño do home, conducira os ollos ao longo das directrices buscadas polo arquitecto. Agora, e con Brunelleschi por primeira vez, xa non é o edificio quen posúe ao home, senón que é o home mesmo quen, dominando o espazo, posúe o secreto do edificio. Os edificios gregos tiñan escala humana, pero a gran conquista do século XV italiano é a de levar o mesmo sentido que vive o templo grego ao campo dos espazos internos e, máis precisamente, traducir en termos de espazo a métrica que nos períodos románico e gótico se desenvolvera exclusivamente en planta.
Todo o esforzo do Renacemento consiste en acentuar o control intelectual do home sobre o espazo arquitectónico. Ordénase o espazo segundo unha métrica racional que o fai definible.
O Renacemento significa a integración do pensamento e a arte, nova ciencia, poesía e xenio.
Preferencia pola planta central sobre a lonxitudinal. Pero a diferencia da arte paleocristiá ou a bizantina non se trata de crear unha dinámica interna senón de controlar racionalmente toda a enerxía dinámica adscrita aos eixes. Nos esquemas de cruz latina, o brazo longo se acurta e, mesmo se pasa á cruz grega, onde os brazos se equilibran, onde non se chega a un centro, senón que se parte do centro baixo a cúpula e, desde alí, se despregan as naves.
Un só recorrido, unha soa idea, unha soa lei, unha soa unidade de medida: esta é a vontade humana e humanística, clásica e nunca clasicista, da arquitectura do RenacementoO Renacemento significa a integración do pensamento e a arte, nova ciencia, poesía e xenio.
Preferencia pola planta central sobre a lonxitudinal. Pero a diferencia da arte paleocristiá ou a bizantina non se trata de crear unha dinámica interna senón de controlar racionalmente toda a enerxía dinámica adscrita aos eixes. Nos esquemas de cruz latina, o brazo longo se acurta e, mesmo se pasa á cruz grega, onde os brazos se equilibran, onde non se chega a un centro, senón que se parte do centro baixo a cúpula e, desde alí, se despregan as naves.
Os palacios medievais agora se desexa definir, medir, establecer unha lei. O pazo Strozzi racionaliza pero non revoluciona a iconografía. Alberti, por primeira vez no pazo Rucellai didivide e mide a superficie volumétrica e a ritma segundo módulos simples. O que Brunelleschi logrou nos espazos internos, Alberti vaino acadar nas superficies.
Os temas espaciais do XV continúan enriquecéndose con motivos volumétricos e decorativos. Trunfan múltiples variacións temáticas do espazo simétrico.
Nos pazo mostran os volumes unitarios, acentúan a gravidade maciza, co predominio dos cheos sobre os baleiros (pazo Farnesio). Trunfan o volume e a plástica ao desaparecer as directrices lineais.
Brune Zevi. Saber ver la arquitectura. Barcelona, Apóstrofe, 1998
Ilustración do Pazo Rucellai vía Wikipedia.
Ilustración do Pazo Strozzi vía Wikipedia.
2 comentarios:
Ultimamente este Bruno Zevi me aparece hasta en la sopa!!
De echo para un trabajo tuvimos que utilizar su libro de Saber ver la arquitectura. (para la casa Schröder...magnífica, y eso de tener influencias neoplasticistas=MONDRIAN la hace más especial todavia jeje)
Saludos arquitectónicos!!
Eu tardei, sen embargo, moito tempo en coñecelo. Nótase que tes bos profes na facultade.
Publicar un comentario