23/11/15

Catedral de Tui: fachada norte e sala capitular


Portada Norte
"No extremo norte do cruceiro consérvase a antiga fachada, na que se diferencian con claridade as dúas grandes etapas construtivas: ata a altura das tribunas pertence á románica; e cara a arriba, á gótica. Unha pequena cornixa sen decorar reforza a separación entre ambas  as dúas. A rúa central da fachada, limitada por contrafortes prismáticos, corresponde á nave maior do cruceiro. A organización adoptada non se repite en ningún outro edificio. A porta ábrese no eixe, ten arquivolta tripla de medio punto e enriba da clave da chambrana colocouse unha peza rectangular con pequenas estrías en dúas ordes; o elevado grao de erosión que presenta levou algún estudosos, por exemplo a Costas, a pensar “nunha pedra de labra visigótica en tres das súas caras”, que procedería dunha edificación antiga. Neste “falso pensil”, en expresión de Bango, apoian dous arcos cegos, de medio punto, que polo extremo estean en pilastras anexas aos contrafortes. Máis arriba, un novo arco semicircular apóiase nos contrafortes o largo da fachada. 

Baixo este arco está unha imaxe que se cre que representa a Santo Epitacio, mártir e primeiro bispo de Tui, segundo Sandoval.

A organización descrita parece querer evocar, en último termo, a estrutura de dobre porta das fachadas do cruceiro de Santiago; este, doutro xeito, parece que tamén lembra o frontispicio occidental de Lugo.

O arco superior, pola súa parte, sería unha rememoración dos arcos grandes de descarga que albergaban determinadas fachadas relacionadas cos seguidores do mestre Mateo; os exemplos máis coñecidos son a fachada principal de San Xoán de Portomarín ou as fachadas do cruceiro da catedral de Ourense.

A arquivolta menor da porta norte da catedral de Tui estea no muro e as dúas en columnas acobadadas; as súas bases e o elevado plinto presentan tal diminución da escocia que, practicamente, desapareceu. Os capiteis ostentan follas estilizadas rematadas en bólas. Os cimacios teñen roleos coma os dalgunhas ventas do propio cruceiro e impostas da tribuna da catedral. As xambas son molduras e as ménsulas decoradas con bóvidos; sobre estas apoia o lintel, de aresta sogueada coma algún bocel das arquivoltas, nas que se advirten tratamentos diversos que case chegan a configurar un cizgaz.


Nalgúns fragmentos do muro da fábrica románica inmediatos a esta porta vence ventas; os elementos destas sufriron graves danos, maila a que aínda se perciben figuras de animais e humanas nos capiteis, así como motivos vexetais e xeométricos no tratamento dos arcos e as súas chambranas. Parte dunha antiga torre inmediata reitera as ventas cunha decoración e organización igual ás aludidas. Nos últimos anos da Idade Media dotárona dun novo corpo de campás.

A Sala Capitular

Ao corredor oriental do claustro gótico ábrese a antiga sala capitular, da que quedan fragmentos da portada embebidos no muro, que as restauracións de hai anos deixaron ao descuberto. Segundo a reconstitución de Bango, a porta, de arco de medio punto dobrado, ía no centro con catro arcadas a cada lado, cunha estrutura semellante ás dos claustro monásticos. Os capiteis parece que tiñan elementos zoomórficos, aínda que o deficiente estado deles non permite describilos. É a única catedral galega que conservou a porta medieval desta dependencia capitular


Carmen Manso Porto e Ramón Yzquierdo Perrín. Arte. Galicia. A Coruña, Hércules, 1993. Tomo XI, pp. 244-247