13/10/14

Anfiteatro de Siracusa (Sicilia)


O anfiteatro de Siracusa pertencente á idade imperial, moi probablemente ao terceiro século d.C., é considerado un dos anfiteatros máis significativos do seu xénero. Pudo ter unha capacidade para 15.000 espectadores.

A súa forma elíptica ten unha extensión de 140m x 119m. Nel podemos observar dúas arcadas, a norte e a sur que era a que servía para dar paso aos gladiadores e ás fieras, así mesmo sábese que na entrada principal máis meridional había un acceso de entrada aos carros para os espectáculos de cuadrigas.

O deterioro das gradas é debido ao uso das pedras como canteira para realizar as igrexas en época cristiá e a fortificación do bastión de Ortigia no século XVI por parte dos españois.

No entanto poden observarse aínda as dimensións da cavea para espectadores, as gradas estaban subdivididas en tres franxas horizontais, con escaleiras para poder acceder ás mesmas, ademáis está excavada na propia roca e unicamente as partes máis altas correspondentes aos asentos superiores están construídos sobre pedra engadida con posterioridade. Nas primeiras gradas, de mármore, figuran as inscripciones dos seus ocupantes que corresponden á nobreza siracusana e a grandes personaxes de relevancia de época romana tardía. Na parte superior das gradas o anfiteatro acababa cun pórtico de columnas.

Na area pódese contemplar aínda os orificios excavados (m. 15.50×8.70) e unha profundidade de 2.50 m., cubertos na antigüidade por un entarimado de madeira, e que servían mediante un acceso subterráneo de habitáculo desde onde os escravos facían a limpeza da area e onde tiñan as ferramentas para o equipamiento do espectáculo. 

A expoliación dos españois no XVI para fortificar a cidade mermou a altura da súa cavea. Aínda son visibles os dous accesos á area, o principal, ao norte conectábase cunha praza que permitía a entrada dos espectadores, mentres que o acceso Sur é o empregado actualmente para a visita ao anfiteatro. No xardín que precede a entrada ordenáronse sarcófagos provenientes da necrópolis de Siracusa e de Megara Hyblaea.

Texto de La Sicilia e fotos de Blanca para INCIARTE.