O anfiteatro de Siracusa pertencente á idade imperial, moi probablemente
ao terceiro século d.C., é considerado un dos anfiteatros máis significativos
do seu xénero. Pudo ter unha capacidade para 15.000 espectadores.
A súa forma
elíptica ten unha extensión de 140m x 119m. Nel podemos observar dúas arcadas,
a norte e a sur que era a que servía para dar paso aos gladiadores e ás fieras,
así mesmo sábese que na entrada principal máis meridional había un acceso de
entrada aos carros para os espectáculos de cuadrigas.
O deterioro das
gradas é debido ao uso das pedras como canteira para realizar as igrexas en
época cristiá e a fortificación do bastión de Ortigia no século XVI por parte
dos españois.
No entanto poden
observarse aínda as dimensións da cavea para espectadores, as gradas estaban
subdivididas en tres franxas horizontais, con escaleiras para poder acceder ás mesmas,
ademáis está excavada na propia roca e unicamente as partes máis altas
correspondentes aos asentos superiores están construídos sobre pedra engadida
con posterioridade. Nas primeiras gradas, de mármore, figuran as inscripciones
dos seus ocupantes que corresponden á nobreza siracusana e a grandes personaxes
de relevancia de época romana tardía. Na parte superior das gradas o anfiteatro
acababa cun pórtico de columnas.
Na area pódese
contemplar aínda os orificios excavados (m. 15.50×8.70) e unha profundidade de
2.50 m., cubertos na antigüidade por un entarimado de madeira, e que servían
mediante un acceso subterráneo de habitáculo desde onde os escravos facían a
limpeza da area e onde tiñan as ferramentas para o equipamiento do espectáculo.
A expoliación dos
españois no XVI para fortificar a cidade mermou a altura da súa cavea. Aínda son
visibles os dous accesos á area, o principal, ao norte conectábase cunha praza
que permitía a entrada dos espectadores, mentres que o acceso Sur é o empregado
actualmente para a visita ao anfiteatro. No xardín que precede a entrada
ordenáronse sarcófagos provenientes da necrópolis de Siracusa e de Megara
Hyblaea.
Texto de La Sicilia e fotos de Blanca para INCIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario