16/9/08

O baluarte do XVIII no Parrote: acordo para a sua conservación


Tras o ataque á cidade de Francis Drake (1589), a monarquía española desexou converter á Coruña na súa praza forte en Galicia. Por iso comezou todo un plan de fortificacións da cidade: o castelo de san Antón, o castelo de san Diego (derrubado para construír o peirao de petroleiros nos anos 60), o castelo de Valparaíso (hoxe en estado ruinoso en Eirís) o castelo de santa Cruz e as baterías de Adormideiras, Oza e Mera.

A finais do XVIII (e non de 1874 como publica hoxe por erro La Voz de Galicia) o enxeñeiro militar, autor de numerosos planos e obras na cidade, Pedro Martín Cermeño, deseñou unha nova estrutura defensiva para a cidade. O baluarte atopado no Parrote polas obras dun novo aparcamento formaba parte deste conxunto. Estes restos arqueolóxicos teñen a peculiaridade de que foi cimentado sobre pilotes de madeira.

Parece que tanto a Consellería de Cultura como o Concello da Coruña están de acordo en conservalo xa que teñen realizado declaracións neste senso. Ogallá sexa así porque ata agora e na Coruña...


Gráfico: Vía La Voz de Galicia. Fotografía: Vía La Opinión de A Coruña.

No hay comentarios: