19/9/08

Ekainberri: outra neocova para visitar

A cova de Ekain (Zestoa, Guipuzcoa), coñecida polas súas pinturas rupestres de época Magdaleniense, foi descuberta en 1969. Durante milenios estas pinturas permaneceron ocultas, refuxiadas no fráxil microclima da cova, nunhas condicións idóneas para a súa conservación. Como podiamos, con todo, contemplar a testemuña das inquietudes desa humanidade afastada sen danalas? Desta necesidade xurdiu a idea de construír unha réplica da cova denominada Ekainberri.

A réplica de Ekain está situada no val de Sastarrain a 600 metros da gruta orixinal e a poucos metros do centro de Zestoa. Sastarrain foi o marco natural de vida do artista paleolítico de Ekain hai 14.500-10.000 anos.

É tal calidade das súas pinturas que o afamado historia da arte prehistórica André Leroi-Gourham as cualificado como “O conxunto de cabalos mais perfecto de toda a Arte Cuaternaria”.Ademais, e tal como vos informara INICIARTE, no pasado mes de agosto, xunto a outras trece covas, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Ekainberri é un complexo proxecto arquitectónico e museográfico que esixiu un gran esforzo (técnico, económico e humano) por parte de diversas institucións e persoas, todas elas aglutinadas em torno á Fundación Ekainberri. A réplica, deseñada polo arquitecto Jose María Alberdi, é un gran edificio de formigón e aceiro corten integrado e enterrado no privilexiado val de Sastarrain.

Fotos e parte do texto: Vía Ekainberri.

No hay comentarios: