20/5/08

O novo skyline de Madrid

Como dentro dunha semana iremos ver os principais museos de Madrid, hoxe vos propoño que coñezades os novos rañaceos da capital do estado.


Unhas das maiores operacións urbanísticas de España nos últimos anos foi a venta e recalificación da antiga cidade deportiva do real Madrid (por certo, as súas novas instalacións deportivas está a cargo do estudo do arquitecto coruñés especializado nese tipo de obras, Santiago González). Nas hectáreas que ata ben pouco ocupaban os campos de fútbol estanse a construír catro rañaceos que van cambiar o perfil do ceo madrileño (o “skyline) e que constituirán "Cuatro Torres Business Area":

A Torre Espacio, deseñada por Pei Cobb e Reid Fenwick, con 233 metros de altura e 56 andares.


A Torre de Cristal ou Mutua de Íñigo Ortiz, Enrique León e César Pelli, de 249 metros de altura e 45 andares.
E a Torre Repsol ou Caja Madrid, deseñada pola multinacional de Norman Foster que cos seus 250 metros será o edificio máis alto de España.


Podes ver como será o resultado final nesta ligazón.


1 comentario:

saaritaa dijo...

Ahora mismo no se cuando algo te parece bonito y cuando te parece hortera...aunque yo creo que estos "rañaceos" (jajjaa) van a quedar bastante bién.

Cuenta atrás: 11 diasss!!