
As características máis salientables deste arquitecto estadounidense veñen marcadas pola historia, a natureza, por unha nova linguaxe que nace de presupostos antagónicos da arquitectura europea, pola máquina e a técnica, pola ideoloxía agraria. Todo iso ponno de manifesto nas súas máis que coñecidas residencias unifamiliares, as “Prairie Houses", ou na famosa Vivenda Kaufmann.
Discútese moito se a arquitectura orgánica de Wright, discípulo de Sullivan e Richardson, mestres da Escola de Chicago, pretende integrarse na natureza ou dominala. Sen dúbida, e a pesar da utilización de formas orgánicas, o emprego do formigón axuda a entender a súa arquitectura nun claro posicionamento de dominador da

Sen dúbida a concepción máis impactante do Museo Guggenheim de Nova York é o concepto de circulación interna dos seus usuarios e usuarias: desde a entrada acceden ao andar superior e desde aí van vendo as pezas expostas ao tempo se se vai baixando por unha rampla ao redor dun patio central cuberto cun gran lucernario. A idea de Wright era que mentres na maioría dos museos para poder ver as colección os visitantes teñen que percorrer grandes distancias por longuísimos corredores e, para unha ver rematada a visita,

O comitente da obra, hoxe en día a súa fundación é toda unha experta no márquetin museístico, Solomon R. Guggenheim, ficou encantado con esta idea do xa ancián arquitecto. Mais Solomon non chegaría a velo posto que morreu en 1949 e o museo non comezou a súa construción ata 1956, a pesar de que o proxecto era de 1943, debido a numerosos contratempos (problemas de emprazamento, regulamentos construtivos, aumento de custes, etc) Durante a súa construción foi recibida nas oficinas da dirección do museo unha carta asinada por moitos artistas nas que rexeitaban a idea da rampla e da inclinación das paredes por non consideralas axeitadas para un museo.

Esta obra, o derradeiro proxecto de Wright, é o testamento da súa obra como un exemplo do artellamento do espazo como plasmación da plasticidade das formas orgánicas.
Cando o 21 de outubro de 1959 foi inaugurado, o seu deseñador xa levaba morto varios meses.
Non me resisto a deixar este post sen aludir un pouco á biografía deste arquitecto. É tan espectacular, tan pouco corrente, que mesmo foi o libreto para unha ópera (“Shining brow”)

Bibliografía:
Giulio Carlo Argan. El arte moderno. 1983
Bruce Brooks Pfeiffer. Wright. 2004
Delfín Rodríguez Ruíz. Tranformaciones de la arquitectura en el siglo XX. 2002
3 comentarios:
Desde que descubrí la magnífica y preciosísima casa Kaufmann, Wright se ha convertido en el mejor arquitecto del s.XX para mi,junto con Corbu.
Un estupendo trabajo con este post, la verdad es que el museo Guggenheim de Nueva York le da mil vueltas al de Bilbao.
E que non se poden comparar o de New York é arquitectura e o de Bilbao é unha escultura con espazo no seu interior
Señor, un par de días sen tempo para visitarte e canto que disfrutar e aprender!!
Parabéns.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario