29/12/07

Ken Follet colapsa as librerías coas súas catedrais ´best seller´

Ken Follett debatía un día co seu bo amigo Hanif Kureishi, prestixioso novelista e guionista, acerca de que queren os lectores. "Nunca penso nos lectores", comentou Kureishi. "Por iso ti es un gran escritor e eu son un escritor millonario", respondeulle Follet. ´

O autor da consagrada Los pilares de la Tierra, ao que nunca lle deu vergoña facerse rico escribindo best sellers case sempre máis apreciados polo público que pola crítica, acaba de publicar agora, 18 anos despois, Un mundo sin fin, a secuela da súa obra mestra, Los pilares...


Los pilares de la Tierra é unha densa novela de máis de 1.000 páxinas ambientada en Kingsbridge, un pobo inglés imaxinario, durante a construción dunha catedral entre 1135 e 1174. O éxito do libro foi irresistible e aínda hoxe véndense máis de 100.000 exemplares ao ano. En España, foi durante 20 anos "a novela máis lida", segundo a Federación do Gremio de Editores. A influente gurú norteamericana Ophra Winfrey acábao de incluír no catálogo do seu selecto club de lectores.


Ken Follett non ten a fama nin a fortuna de J. K. Rowling, a creadora de Harry Potter, pero aparece a miúdo en debates e coloquios na televisión británica, opina sobre política, preside Dyslexia Action, unha organización creada para combater ese problema e axudar a quen o padece, e participa activamente en sociedades de arte e educación. O seu segredo como escritor, segundo confesou, é que "escribo para que me entendan". "Non quero que teñan que ler dúas veces para entenderme...".


Cunha tirada inicial de máis de 650.000 exemplares, o sábado 29 de decembro púxose á venda Un mundo sin fin. Tamén se editaron 4.000 exemplares en catalán. Un mundo sin fin, ambientada 200 anos logo da primeira parte transcorre no mesmo escnerio, aínda que Ken Follet inspirouse na catedral de Vitoria, cidade na que o 9 de xaneiro realizarase a presentación oficial do libro.


No hay comentarios: