A Catedral de San Alexandre ou simplemente Catedral de Bérgamo (en italiano: Basilica
Cattedrale dei S. Alessandro in
Colonna) É unha catedral católica en
Bérgamo, Italia, dedicada a San Alexandre de Bérgamo, patrón da cidade. É a sede do bispo
de Bérgamo.
A catedral, dedicada ao patrón da cidade, Sant' Alessandro Martire, xorde nunha preexistente estrutura primitiva, presumiblemente fundada no
século VI e orixinariamente dedicada a
San Vincenzo. O aspecto primitivo da igrexa estaba
constituído por unha planta de tres naves. No século IX houbo dúas catedrais
en Bérgamo: unha era a basílica de San
Alexandre, que se situaba no sitio que se cría que era o do seu martirio, e a
outra estaba dedicada a San Vicente, cuxa construción aparentemente comezou na
era lombarda, no sitio da actual catedral.
En 1449, co bispo
Giovanni Barozzi, a catedral tivo unha profunda restauración co proxecto
do arquitecto florentino Antonio Averlino, chamado "O Filarete". Destacada foi a restructuración levada a cabo por Carlo Fontana
cara a finais do seiscentos, que
enxalzou a cúpula na metade do transepto
e alongou a ábsida. Varias
reorganizacións no campanil e na cúpula tiveron lugar no curso do Ottocento.
A fachada é branca, cunha fría liña clásica, e cun pronao sobre plano elevado que une as
bancadas coa praza. A planta, segue un esquema de cruz latina. O interior ten unha única nave, decorada con estucos e cubertas de estilo barroco. O centro e vértice litúrxico da igrexa está
ocupado polo amplo presbiterio.
Aos lados do grandioso altar maior atopamos a bancada de
madeira para o coro. A cúpula, erixida
por Crivelli en 1853, xira elegantemente
sobre o transepto: Coghetti pintou aquí
o fresco de l' Assunzione in Ceo dei Sant' Alessandro.
No interior, tamén se poden admirar valiosos frescos entre os que destacan: San Benedetto
in cattedra e Santi dei
Andrea Previtali, e Madonna col Bambino e Santi do pintor bergamasco Giovanni Battista
Moroni.
Na cripta, consérvase un fresco do Trecento, un
plúteo e unha columna salomónica da antiga catedral. A estupenda Cappella
do Crocifisso foi construida en 1866, co proxecto do arquitecto Dalpino. A capela presenta
preciosas decoracións: a cúpula foi pintada por
Guadagnino.
Seguindo o percorrido no interior da catedral atópanse as representacións e celebracións dos
santos ata chegar ao altar maior e á ábsida, onde se atopa a figura de Xesús.
Dúas figuras destacan de modo particular e lideran toda a estrutura iconográfica da catedral: Sant' Alessandro
mártir e a Nai María.
Texto: In Lombardia.
Texto: In Lombardia.
Fotos: Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario