Na Serra do Barbanza consérvase unha das necrópoles
megalíticas máis espectaculares de Europa. Agora, o Consejo Superior de
Investigaciones Científicas (CSIC) presenta uns vídeos que mostran unha
representación performativa da organización espacial desta paisaxe antiga, unha
das primeiras construídas polos humanos en Europa occidental.
Os vídeos, realizados polo Instituto de Ciencias do
Patrimonio (Incipit), con sede en Santiago de Compostela, son "unha forma
performativa e brincadeira de presentar a complexidade dunha paisaxe megalítica
(baseada na construción de monumentos funerarios que establecen especiais
relacións co espazo circundante".
Así explica a produción destas pezas Felipe Criado, do
Incipit, responsable do proxecto: "Por fin atopo unha forma sinxela de
mostrar a complexidade dunha paisaxe megalítica (a primeira monumentalización
do espazo baseada na construción de túmulos funerarios entre o 4500 e o 2500
a.C). Grazas a Rubén Vuelta, o vídeo realizador do Incipit, puidemos resumir
(con algunhas licenzas) anos de investigación que requiren horas de
presentación e discusión, neste vídeo sinxelo. Pronto novas achegas grazas aos
traballos en marcha de Pastor,Jorge , Inaki e outros. Grazas a todas as persoas
que durante anos contribuíron a estes traballos".
FICHA TÉCNICA
Autores: Felipe Criado Boado; Rubén Vuelta Santín.
Produción: Incipit-CSIC.
Investigador principal do proxecto: Felipe Criado Boado.
Realizador: Rubén Vuelta Santín.
Técnicos de SIG: Iñaki Villa Indurain; Jorge Canosa Betés.
Voz en off: Elena Cabrejas Domínguez.
Revisión versión inglesa: Jon Brokenbrow.
Agradecementos: A. César González García; Pastor Fábrega
Álvarez.
Música: Beer Belly Blues de John Deley forma parte da
Biblioteca de Audios de YouTube; Big Blues Bed de Audionautix ten licenza
Creative Commons Attribution. Artista: http://audionautix.com .
https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Visto en: Galicia Confidencial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario