O arquitecto e docente José Ramón Garitonaindía de Vera asinou o proxecto do Centro de Saúde de A Silva en Cerceda (A Coruña) en 2003. A construtora foi Reycons S.L.
"Un pequeno Centro de Saúde situado nun territorio “suburbano” dun gran atractivo. Unha ringleira de bidueiras establecen unha celosía onde a luz se matiza coándose un torrente de pequenos reflexos entre as súas follas, desvelando a presenza dun regato. Existiron dúas preocupacións no proxecto. A implantación na contorna, e a concepción deste tipo de instalacións mais alá da súa dimensión programática, onde pode atopar un territorio máis fructífero para ser desenvolvido.
Suscítase o proxecto como un dinamizador social, zona de encontro. Atractivo resulta ver como estes centros actúan de catalizadores sociais, onde en parroquias destas dimensións, xunto ao bar ou o banco, convértense en referentes para a vida social.
<
O concepto de espazo de encontro materialízase mediante a manipulación doutro concepto: o de pel multicapa. Esta se exfolia creando espazos intermedios que segundo o seu cualificación gozaranse de formas diversas. Unha primeira folla, unha celosía onde a luz incida, cre xogos de luz no interior, sirva como reloxo solar -o tempo adquire unha nova dimensión-. O usuario participa da súa transformación mediante unhas corredeiras, multiplicándose sensacións e impresións. Esta estratexia sinxela permite crear unha multiplicidade de luces, reflexos, movemento... O chan negro favorecerá a multiplicidade destes reflexos e luces, isto é, un diálogo entre o espazo, a luz e a mirada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario