Picassso. Muller con
abanico.
1908. Óleo sobre
lenzo. 152x101 cm. Museo Estatal do Ermitage. San Petesburgo.
Como ben saberedes moita da obra do xenial Picasso está relacionada coas súas parellas sentimentais, por unha banda, e coas súas relacións con outros artistas. Na época desta obra (1907-1908) Picasso está traballando coa figura humana como tema principal (enseguida chegarán as paisaxes, os instrumentos musicais, o collage..) preferentemente como elemento individual (tamén hai destacadísimos exemplos de obras de conxunto). Foi Gauguin quen lle transmitiu a importancia da fusión de lineas, debuxo e contorno en sentido colorista e expresionista, xa descritivos xa autónomos. As distancias canónicas das proporcións son sistematicamente desestabilizadas, nun período creativo que por unha banda mira a modelos afastados e por outro é unha inqueda procura de algo totalmente novo.

No verán e outono de 1907 Picasso afástase de Fernande Olivier. Pinta espidos que, xunto ás Señoritas de Aviñon e o Espido azul de Matisse, haberán de inspirar o Gran Espido de Braque, quen namentres visitara varias veces o estudo do malagueño. A partir de entón, Picasso e Braque iniciarán unha apertada secuencia de encontros diarios, intercambios de puntos de vista e traballo en común coa intención de crear un método artístico impersonal, que leva aos dous artistas a eliminar por completo a firma do cadro e pola só no reverso, coma se a agocharan, en case todas as obras realizadas entre 1908 a 1914.
Fronte á aparente rixidez das Señoritas de Aviñon, neste lenzo atopamos un equilibro entre as diversas correntes e influencias que estaba atravesando a obra do artistas malagueño: por unha banda, a influencia de Cézanne, por outra, a arte africana e, finalmente, a estatuaria grega clásica. Este conxunto de influencias exprésanse no lenzo con aparente espontaneidade e naturalidade e non xa tan forzadas como aparecian nas Señoritas.
Nun dos estudos previos deste cadro, pódese apreciar claramente o parecido do personaxe coa parella de Picassso, con Fernande Olivier. Tras un estudo radiográfico púidose ver que nun principio Picasso colocara á muller nunha posición máis ergueita e frontal con respecto ao espectador pero na versión definitiva eliminouse calquera rasgo que permitira identificar á persoa pintada. Por iso non está claro a que muller retartada sexa a parella, por aquel entón, de Pablo.
A persoa reflectida ten unha posición ríxida e cunhas formas contundentes e moi marcadas polo que parece que forma unha unidade coa cadeira na que está sentada. Ademais, as súas grandes dimensións para o lenzo e a perspectiva ascendente, que obriga ao espectador a mirar o cadro de abaixo arriba, provocan unha sensación de temor ou de inseguiridade.
Neste caso, e fronte a Cézenne, Picasso emprega unha paleta de cores menos vibrantes, ao predominar as tonalidades de grises e marróns. É, en conxunto, unha obra protocubista.
1 comentario:
Es la época en la que comienzan Picasso y Braque a experimentar con el Cubismo analítico. Muy buen estudio, Antonio, como las entradas dedicadas a la Escuela de Chicago. Que tengas muy buen día del libro.
Publicar un comentario