29/3/12

A ponte de ferro de Dom Luís de Porto


Das seis pontes coas que conta a cidade de Porto sobre o Douro, a máis coñecida e soada de todos é a ponte de Don Luís I (Ponte Dom Luís I, en portugués). A súa construción baséase no proxecto do enxeñeiro belga Théophile Seyrig, discípulo do famoso Gustave Eiffel, o que explica a semellanza coa estrutura metálica da Torre Eiffel. Inaugurouse en 1886. Sustituíu á antiga Ponte Pénsil.

Posúe dous pisos. O superior conta cuns 390 metros de lonxitude e o inferior con aproximadamente 174 metros. Mentres que polo superior pasa unha liña de Metro, a vía de abaixo está dedicada a outro vehículos, como coches, autobuses ou camións. Hai pasarelas para que poidan pasar as persoas en ambos os pisos.

A gran característica da ponte é o gran arco de ferro que posúe.

Pola súa fama e beleza, a ponte congrega gran cantidade de turistas. As vistas do piso superior ofrecen ao visitante unha panorámica do río Douro ao seu paso pola cidade, así como os barrios que naceron a ambos os dous lados do río. Une Porto con Vilanova de Gaia, lugar onde se atopan a máis famosas adega do viño de Porto.


Por certo, na Maratona de Porto cruceina dúas veces…





Fotos de INICIARTE

No hay comentarios: