3/10/10

Carlos Seoane, premio Juana de Vega de arquitectura


O arquitecto Alfonso Fernández avísame da concesión dos premios de arquitectura da Fundación Juana de Vega. O primeiro premio foille concedido ao arquitecto J. Carlos Seoane por unha vivenda en Oleiros, vivenda que semanas atrás estivéramos coñecendo Alfonso Fernández e eu mesmo.



Velaiquí o acordo do xurado tal como se recolle no en “Escuela Gallega del Paisaje

"Conceder o Premio Juana de Veiga de Arquitectura para vivendas acabadas no ano 2009 ao arquitecto José Carlos Seoane González pola súa obra sita na Urbanización "As Galeras" Rua Antonio Maceo, 5, Lians, Oleiros. O xurado quere salientar a complexa integración da casa no espazo no que se sitúa: un solar en descenso cara ao mar, cunha extraordinaria vista sobre a bahía da Coruña e con importantes limitacións de normativa local e de costas. Aprovéitanse ben estas circunstancias para situar con discreción unha vivenda de notables dimensións. Gran parte da matizada perspectiva que ofrece cara á fachada principal débese á gran pérgola de formigón, que cobre e dá unidade ao acceso e, ao mesmo tempo, facilita luz ao patio interior mediante un oco circular. Aínda que nalgún elemento concreto recórrese a un excesivo formalismo, resaltan as coidadas solucións de deseño que articulan os espazos nos tres niveis do inmoble".















Recoméndovos que coñezades a obra de Carlos Seoane, o arquitecto premiado, pola súa páxina web.

Os blogs Mosarq e El Tiralíneas tamén recollen esta importante nova sobre a arquitectura galega de 2009.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

onde está? nas Galeras? Nes

Antonio Martínez dijo...

Ola Nes:
Avenida Che Guevara, saes pola esquerda na rotonda que hai antes do Halley, ata o fondo e un pouco á dereita, case pegada á casa do alcalde.
Saúdos.