Nunha das escasas chairas do Courel, atópase a aldea de Froxán, parroquia de Vilamor no concello de Folgoso (Lugo). Está situada a case cincocentos metros de altitude, preto do río Lor. Cultívase a terra e prodúcese viño. Hai que salientar a festa da Pisa da Castaña a inicios de decembro. Conta coa asociación cultral Fonte do Milagro. Está en estudo a declaración de ben de Interese Cultural na categoría de lugar etnográfico de interese (BOE 18-V-2006). Un fermosos lugar nunha contorna espectacular.
CAMILLE CLAUDEL
Hace 11 meses
2 comentarios:
Uhmmmm! dan ganas de retirarse alí uns días. Grazas por estes minutos de beleza.
Entrei por curiosidade de saber de que Frozán falabas porque é un toponimo moi abundante en Galicia.
Benquerida Olga: podes entrar cando queiras. A verdade que Folgoso é un dos concellos galegos dos que máis gozo.
Publicar un comentario