As meninas de Velázquez, a representación da arte española por excelencia, a obra máis recoñecida do "pintor dos pintores". Juan Carlos Ortega intenta descubrir que pasa nesta escena tantas veces interpretada. O misterio dun espello que reflicte aos reis non presentes no cadro, a ousadía dun pintor de corte retratado xunto á realeza a mediados do século XVII, o momento paralizado dunha escena da corte. Os expertos falan de "Un cadro aberto e sen clasificación posible" e nós dunha obra que nos axuda a explicar mellor que ningunha a intención deste programa, unha obra cunha metade invisible en si mesma. Grazas á axuda de expertos como Javier Portús, Rocío Dávila, María Cruz de Carlos, Fernando Marías, Carmen Garrido e Malén Gual entraremos no aire das Meninas, na forma de pintar de Velázquez, no ambiente da época, nas intencións do pintor e nas consecuencias dunha obra.
Días atrás recibrín un correo no que se me contaba que no cabodano de Ramón Sampedro, seguida con gran interese pola prensa, a única asociación sobre Morte Digna existente en Galicia tratou de publicar o texto que achegamos na prensa galega. Foi vetado. Aí van as ideas, rigurosas e necesarias. Para a súa difusión. Collo o Issu desde Mesturas e Trafegando Ronseis onde, as amigas, tiveron a ben publicalo:
E do flamante gañador do goya de animación, o andaluz Javier Recio, a súa curtametraxe La dama y la Muerte. Por unha morte digna.
Chega mañá a Roma a exposición máis esperada do ano. Michelangelo Merisi (Milán, 1571-Porto Ercole, 1610) toma ata o 13 de xuño as salas das Caballerizas do Quirinal coas súas sombras misteriosas e a súa mirada dacabalo entre o herexe e o sacro. O violento xenio lombardo xorde en todo o seu esplendor, a través de 24 obras mestras procedentes do mundo enteiro, todas elas con certificado de autor "seguro e documentado", segundo afirma o comisario, Claudio Strinati. Ademais, exhíbese unha tea de dubidosa atribución, A captura de Cristo na horta (1602), traída desde Dublín como exemplo da polémica que segue perseguindo ao artista e delincuente habitual no 400º aniversario da súa morte. A mostra ábrese co soado Cesto de froita, xoia da Pinacoteca Ambrosiana que nestes catro séculos xamais saíu dese lugar, e ofrece tres versións distintas do San Xoán Bautista (Museos Capitolinos e galería Corsini de Roma, e Nelson Atkins de Kansas) e dúas da Cea en Emmaus (National Gallery de Londres e Pinacoteca de Brera). A vida nómade e salvaxe de Merisi, desde a súa chegada como indixente a Roma aos 21 anos ata o seu condena á morte polo asasinato de Ranuccio Tomassoni, vaise narrando a través dos seus traballos, sempre pintados ao voo e con modelos reais, en cinco etapas: natureza, realismo, inquietude, prudencia, abismo. Para poder vela, haberá que estar atentos. O museo informa de que 50.000 persoas reservaron xa as súas entradas.
Como se pode estropear unha praza. Como se pode agredir ás Torres Puerta de Europa? Lembraredes que, tamén coñecidas como as Torres KIO (Kuwait Investiments Office), foron inauguradas en 1996 e son obra de Philip Jonson e John Burgge. Están inclinadas unha contra a outra en 15º, teñen 114 metros de altura e 26 andares.
Como estropear esa visión? Pois colocándolles diante un pirulí dourado. Impresionante, non si?
O disco de Luar na Lubre "Ao Vivo" recibiu o premio como Mellor Álbum de Música Tradicional na 14ª edición dos Premios da Música, outorgados anualmente pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música. Parabéns Bieto e compaña.
INICIARTE xa vos ten contado algo sobre esta impresionante obra do “Imperio español”. Pero hoxe quixera amosarvos algo que non sae moito nos libros de arte.Cal foi realmentea historia do edificio? Houbo problemas? Case resulta incrible que chegara ata os nosos dias, lede senón.
Sabemos que segundo o deseño de Xoán Bautista de Toledo a obra foi iniciada no 1563. Posteriormente Xoán de Herrera faríase cargo das mesmas modificando notoriamente o proxecto inicial. Un dos elementos máis salientables do edificio é a súa impoñente cuberta de lousa e foi precisamente isto o que case remata con el en varias ocasións. Para soportar o enlousado do cuberta cumpría facer un gran entramado de madeira que co paso do tempo provocaría a súa necrose, pragas xilófagas, auga e, sobre todo, moitos lumes.
Entre 1577 e 1968 padecéronse no Escorial un total de sete grandes incendios. Xa no 1577 unha gran tormenta agasallouno con quince raios co conseguinte incendio que destruiría unha torre e as súas campás (o bronce derretido impediría achegarse ata a torre para tentar apagalo) Contemplaron o desastre o propio Filipe II e o duque de Alba.
En xuño de 1671 prendeuse lume nunha cheminea do colexio, de aí pasou ao faiado, propagándose por toda a estrutura de madeira do tellado. Sopraba un fortísimo vento polo que al lapas estendéndose rapidamente. Dándose por perdido, os traballos centráronse en salvar a biblioteca e as salas capitulares. O incendio durou dúas semanas. Tras case medio século de abandono faríase un reconto dos fondos da biblioteca: 4.500 exemplares (a metade dos exemplares deixados na época de Filipe II) Procederíase, logo, a unha completa reconstrución discutíndose moito se refacer o entrado de madeira da cuberta ou facer unha bóveda de pedra con muros cortalumes.
Outro desastre foi co fornecemento da auga. Como chegaba con pouca presión, decidiuse facer un encoro segundo os planos de Xoán de Villanueva a finais do XVII para fornecer a Casita de Arriba. En 1871 construíuse un novo encoro mais non se tivo en conta os posibles efectos negativos do aumento da presión da auga. Deste xeito cando se abriu a comporta inundouse a lonxa e o propio mosteiro, subindo tanta a auga que mesmo afectaría a tapices, enterramentos, mobles e outros obxectos do edificio.
Outra forte treboada en 1744 ocasionaría un grande lume destruíndo algunha galería. En 1763, estando Carlos III no edificio, un novo incendio afectaría á cuberta do lado norte, estendéndose a un almacén de velas o que ocasionaría unhas enormes lapas.
Durante a Guerra de Independencia padeceu un “científico” saqueo polos franceses xa que contaban cun interesanteinventario artístico realizado pouco tempo antes polo francés Federico Quilliet. Varias ducias de carros cargados con obras de arte saíron do Escorial (pero esta é outra historia)
En 1826 outro raio caído sobre a Torre das Campá ocasionaría un novo incendio, destruíndo ao longo case un día enteiro todo o lenzo comprendido entre a Torre de Damas e a igrexa así como o órgano de campas.
Case cincuenta anos despois (1872) produciríase outro lume, o sexto de importancia. Un novo raio, caído nesta oportunidade na fachada do Colexio de san Lourenzo, pola zona do Patio dos reis, incendiando axiña a armadura da cuberta. O lume propagaríase cara a biblioteca e á parte alta do colexio, á torre de esquina do seminario e ao lucernario do colexio. Contra a noite as lapas eran inmensas, semellando un auténtico volcán.Derrubáronse as cubertas, caendo a torre situada entre o colexio e pazo e ficaron destruídos o patio da cociña, o claustro de seminario de Nobres Artes, o salón de estudos, o dormitorio do alumnado e a galería do patio do colexio. Afortunadamente os 14.800 volumes da biblioteca puideron salvarse.
Finalmente (ou habería que dicir, polo de agora?) o 13 de abril de 1965, un novo lume afectou ás cubertas que mesmo chegaría a verse desde a Cidade Universitaria. Para evitar máis problemas sustituiuse a madeira en todas as cubertas do edifico por ferro e formigón.
Que historia tan quente ten O Escorial...
Bibliografía: Monasterio de san Lorenzo de El Escorial. A merced de las llamas. En “Descubrir el arte”125, pp. 70-73
A continuación reproduzo a reportaxe que hoxe publica El País pero se queredes coñecer toda a historia lede o blog Feijoo mente.
La juez imputa a funcionarios, curas y al ex obispo de Tui por una trama que restauraba iglesias en Galicia
JOSÉ PRECEDO- Santiago - 16/02/2010
Una trama de corrupción generalizada gestionó entre 2003 y 2009 la restauración del patrimonio histórico-artístico en las iglesias y monasterios de Ourense y Pontevedra. Según el informe de la Unidad de Delitos Económicos y Fiscales del Cuerpo Nacional de Policía, a la cabeza de la red estaba el ex restaurador de la Consellería de Cultura de la Xunta, Garlos Gómez-Gil Aizpurúa, ahora desplazado en el Museo Nacional de Arqueología Subacuática de Cartagena. La juez le imputa los delitos de cohecho y tráfico de influencias. Los mismos que a José Manuel Pichel, arquitecto de la Sociedade de Xestión do Xacobeo, un organismo adscrito a la Consellería de Cultura.
El caso alcanza la docena de imputados: los técnicos del Gobierno gallego que decidían qué trabajos de rehabilitación se subvencionaban, un grupo de sacerdotes, intermediarios para adjudicar las obras directamente y sortear el preceptivo concurso que las administraciones públicas deben convocar para contratos mayores, y los responsables de las firmas restauradoras. Entre ellos se encuentra el ex obispo de Tui-Vigo, José Diéguez Reboredo, quien tras pasar por la comisaría y el juzgado abandonó la diócesis en enero. En el caso del ex obispo, la juez investiga la rocambolesca venta de una casa rectoral por 60.000 euros al supuesto cabecilla de la red, Carlos Gómez-Gil, quien meses después, cuando ni siquiera había pagado el primer plazo del edificio, intentó venderlo por 680.000 euros en Internet.
Todo está en el prolijo sumario, más de 2.000 folios, que resume movimientos bancarios, pinchazos telefónicos y recibos en dinero negro, prueba de las comisiones ilegales que, en efectivo o en especie, percibía la red a cambio de adjudicar las obras de rehabilitación de retablos, altares e imágenes, a cinco empresas amigas.
El minucioso informe de la brigada de delitos económicos de la policía detalla por ejemplo, que Carlos Gómez-Gil ingresó 122.471 euros, al margen de la nómina entre 1998 y 2008 cuyo origen no pudo justificar ante el juez. Y recoge la declaración del representante de una de las adjudicatarias, Manuel Montes, de la firma Da Vinci, quien relató que había comprado para Gómez-Gil neumáticos, un dispositivo manos libres, teléfonos móviles y otras prebendas, además de acometer reformas en sus propiedades inmobiliarias que nunca llegó a cobrar.
Las conversaciones grabadas evidencian el modo de operar de la organización que remozó decenas de iglesias, monasterios y hasta algunos bienes declarados de interés cultural en las provincias del sur de Galicia. Como ejemplo, la charla que sigue la interceptó la policía el 29 de julio a las 13.22. Hablan José Manuel Pichel, el arquitecto de la Sociedade de Xestión do Xacobeo y Carlos Gómez-Gil, por aquella época restaurador de la Xunta. Pichel pregunta por el coste de rehabilitación de un retablo. Lo que sigue es el extracto que figura en el sumario.
Gómez-Gil. Eso cuesta un pastón.
Pichel. Haz que me llegue una nota sin nombre de nada, con la valoración y las opciones de licitación, aunque estoy barajando un convenio con los mercedarios y se les da la pasta a ellos.
G.-G. Los mercedarios entonces ya deciden ellos, no hay ningún tipo de problema y lo de la licitación, ¿a partir de cuánto tienes que sacarlo?
P. A partir de 50.000 euros.
La reforma del retablo es una obra que la red tenía previsto acometer en Verín (Ourense). La interpretación de la policía es que el arquitecto de la Sociedade de Xestión do Xacobeo, José Manuel Pichel, pide a Gómez-Gil que le haga llegar un presupuesto de alguna de las empresas con las que trabaja. La fórmula de optar por un intermediario -"los mercedarios"- para que sea la orden religiosa la que encomiende la reforma del retablo a una firma determinada pretende evitar el concurso público, que está obligada a convocar la Xunta para contratos de más de 50.000 euros.
En otra conversación grabada el 29 de julio de 2009, Olga Q., representante de la firma Márquez Vieira CBC, también imputada, anuncia a Gómez-Gil que le va a mandar un presupuesto por 146.000 euros. Al escuchar esa cifra, éste muestra su contrariedad por el precio: "Me preocupa que a partir de 50.000 euros sale a concurso".
El funcionario de la Xunta pregunta entonces por el coste de unas imágenes para la iglesia y se muestra más aliviado cuando la representante de la empresa las cifra en 11.000 euros. Gómez-Gil invita a la representante de la firma a elevar el precio. "Lo de las imágenes no me parece caro porque al dividir entre tres las puedes dejar en 14.000, súbeles un pelín y el resto déjalo como está, y que Dios reparta suerte", pide el funcionario de Cultura. La policía sospecha que el incremento del precio responde al interés de Gómez-Gil de mantener contentas a las empresas "para que no hablen" con la Xunta o acudan a denunciarlo ante la policía, tal y como habían amenazado.
"Don Carlos, no dije toda la verdad"
El pasado mes de septiembre, cuando la policía citó de golpe a una docena de párrocos de Ourense y Pontevedra para preguntarles por las adjudicaciones, los móviles de los principales implicados empezaron a echar humo. Los pinchazos telefónicos realizados por la policía retratan la manera de operar de la red y la empatía entre algunos de sus protagonistas. La siguiente conversación se grabó el pasado 21 de septiembre a las 13.01 horas. Carlos Gómez Gil recibe la llamada del cura de Lérez, don Crisanto.
-Don Carlos, soy el cura de Lérez, ¿se acuerda?
-¿Qué tal?
-Mire, acabo de venir de la policía.
- Lo sé.
- ¿Sabe que andan por usted?
- Lo sé, lo sé. Si en esta vida te llevas muchas sorpresas, basta con que intentes trabajar y hacer las cosas bien para que haya gente con envidias.
- Ya, yo suponía que ya lo sabría pero, por si acaso, pues le llamaba porque, vamos, hoy nos convocaron aquí a bastantes y luego vi que en otras diócesis habían hecho lo mismo. Primero preguntaban en general. Preguntaron por el nombre suyo y yo traté de ser, pues, más parco y prudente, no dije mentira, pero no dije toda la verdad ni mucho menos, ¿eh? Tampoco quería decir alguna frase que pudiera complicarle. La pregunta más clara siempre, insistente, que ya le dije que no me insista más en eso, era si usted o alguien de la Xunta me habían indicado una empresa concreta, ésa es la clave del asunto.
- De verdad, es patético.
- Yo creo que la cosa va de que usted aconsejaba, sugería o imponía determinadas empresas, recibía parte de los beneficios de esa empresa.
Non sen certa vergoña confeso que visitei a exposición de Maruja Mallo en Madrid e non en Vigo, onde estivera con anterioridade. Ata o 4 de abril pódese contemplar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, esa institución case invisible de Alcalá 13. Para a miña sorpresa, á primeira hora dun sábado de inverno as salas da Academia estaban ateigadas de xentes.
É unha exposición que percorre as diversas época da artista. Non son moitas obras, pero si son significativas. Botei en falta máis fotografías persoais e , pola contra, parecéronme magníficos os vídeos, tanto onde se comenta a súa obra como os que son entrevistas á pintora tras o seu regreso a España e cando foi ensalzada pola “movida” madrileña.
No folleto de man da exposición podemos ler:
“Maruja Mallo é, sen dúbida, unha das artistas máis persoais e de maior alcanze entre as pioneiras da vangarda española, ao igual que unha das figuras máis carismáticas da escena intelectual e anotadoramadrileña do primeiro terzo do século XX. Disto último dan conta, por exemplo, a súa amizade con María Zambrano e Concha Méndez, ou a estreita complicidade que mantivo con tantos poetas esenciais: Alberti, ante todo, Lorca, Miguel Hernández ou Neruda, a quen reencontraría de novo no tempo do exilio americano".
Lembrade que hai tempo, e nun traballo colaborativo con Trafegando ronseis, Iniciarte xa vos presentara a esta interesantísima muller.
Na milla da arte de Madrid, no eixo Prado-Recoletos, podemos ver estas semanas a exposición na rúa do escultor Xavier Maxcaró. Son unha serie de 25 obras de gran tamaño, realizadas en ferro con 22 gardiáns (10 deles de 3 metros de altura por 2 de ancho e outros máis cativos), dous músicos (de 4 metros) e unha barca de 17 metros de longo. Gústame este tratamento do ferro, bruto, poderoso...
Sempre me pareceu moi curiosa a reacción das persoas cando se poden achegar, tocar, meterse fisicamente nas esculturas. Non sei onde está a arte, se nas obras obras expostas o una súa interacción coa cidadanía. É unha arte para vivir, tocar, apreciar, compartir.
Na historia da arquitectura o Renacemento figura como unha etapa clave por moitas razóns. E dentro dos arquitectos mais salientables sempre aparece Filipe Brunelleschi, mais podemos afirmar que fora un arquitecto con obra de seu? Xa Vasari na súa obra Vidas... fala dos “modelos”, é dicir das maquetas, de Brunelleschi máis que dos seus planos ou obras. Vaiamos por partes e analicemos unha por unha as obras que habitualmente son cualificadas como da súa autoría.
A obra mais salientable é a cúpula da catedral de Florencia. Xa é moi coñecida que a principios do século XV non se sabía como cubrir o cruceiro, que houbo que facer un concurso e que finalmente (Vasari relata con moita ironía o acontecido) foi escollido Brunelleschi a pesar de non presentar nin planos nin modelos da súa solución. Precisamente por este motivo colocáronlle aLourenzo Ghiberti como colaborador. Este nomeamento sentoulle moi mal ao ego de Filipe (tíñase en elevada estima tal como lembra Vasari) polo que tan só elaborou unha memoria escrita e unha maqueta quedando Ghiberti como director das obras. Foi obra de Brunelleschi?
O Hospital dos Inocentes tamén aparece sempre vencellado ao nome do noso arquitecto (?) Este sería o seu primeira encargo arquitectónico. As obras comezaron no 1419. Pero que fixo realmente Brunelleschi? Segundo Vasari tan só realizou unha maqueta, mais o noso admirado historiador da arte G. C. Argán afirma que tan só elaborou un debuxo e que ademais non foi ben interpretado. Para o arquitecto restaurador do edificio en 1966 Brunelleschi tan só deixou o Hospital con tres corpos rodeando o claustro que corresponderían á igrexa, os pórticos e as habitacións dos nenos. Polo tanto non había o andar elevado da fachada, nin os tondos cerámicos, nin a longa escaleira dianteira da praza. Foi obra de Brunelleschi?
Tamén moito tempo admirada a Capela Pazzi, ergueita no claustro de Santa Croce de Florencia. Vasari só alude á maqueta da capela. Cando morre Bruneleschi en 1446 estanse a levantar os muros e mesmo no 1461 aínda se estaba a traballar no tambor. Mesmo Argán fala de que probablemente partes da obra non reflictan exactamente o deseño orixinal. Foi obra de Brunelleschi?
Pero mais chamativo, por non dicir dubidoso, é o caso do Pazo Pitti. Sempre se alude a el como obra do noso arquitecto (?) pero sabiades que tan só un documento anónimo alude a que Filipe foi o seu autor? As obras comezaron unha ducia de anos despois da súa morte. Sen embargo varios historiadores afirman que as obras xa principiaran cando Brunelleschi aínda vivía. En 1599 realizouse un cadro sobre o pazo polo que podemos apreciar como eran os perpiaños da fachada (o único construído ata entón) e por suposto non eran almofados tan é como os vemos hoxe en día. Probablemente o construtor foraLuca Fanelli seguindo unha maqueta ou uns planos de Brunelleschi (as modificacións posteriores desta obra serán obxecto doutra entrada en Iniciarte). Foi obra de Brunelleschi?
A lóxica racional da Basílica de san Lourenzo de Florencia tampouco será obra de Brunelleschi? Parece ser que deseñou o edificio pero foi realizado tan só en parte baixo a súa dirección. Desde as primeiras compras dos solares pegados ao vello convento en 1418 ata finais de 1430 tan só fora construída a sancristía vella dos Médicis. Polo tanto pouco puideron ser os anos nos que traballaría neste edificio Bruneslleschi porto que, lembremos, morreu en 1446. Michelozzo e Manetti serían os que realmente traballaron no templo, mesmo modificando as propostas orixinais. Cando foi ergueito o corpo interior da igrexa, lembrada o que sempre foi considerado como o unha gran obra renacentista de Filipe, o noso arquitecto (?) xa levaba varios anos morto. Foi obra de Brunelleschi?
Bibliografía: "El legado de Filippo Brunelleschi". En Descubrir el arte, 125, pp.66-69.