17/3/08

O mosteiro de san Lourenzo de El Escorial: a grandeza dun imperio



O mosteiro de San Lourenzo de El Escorial (Madrid) foi mandado construír por Filipe II. Tras moito tempo decidindo a súa ubicación, as obras principiaron en 1563 baixo os planos de Juan Bautista de Toledo, quen colaborara con Miguel Anxo na basílica de san Pedro do Vaticano, ata a súa morte en 1567. Posteriormente as obras foron continuadas por Juan de Herrera ata o seu remate en 1583.

É un pazo, templo, convento, colexio, biblioteca e, sobre todo, Panteón real.

Este edificación foi concibida como a mellor expresión dun sistema económico-social, político (absolutismo) e relixioso (catolicismo). Construído grazas á prata americana e á organización militar das súas obras, reflectido o poderío económico e militar da monarquía hispánica (no seu imperio non se poñía o sol), amosado non só na propia edificación senón tamén na riquísma decoración de paredes, salas, habitación ou bóvedas nas que participaron varios dos máis importantes artistas da segunda metade do século XVI.

A súa planta caracterízase polo enorme rigor xeométrico, é un amplo cuadrilátero (200x160 m.) de paredes regulares agás a parte superior onde sobresae unha porción do edificio. Divisible en tres partes, sendo o eixo central unha igrexa de cruz grega cunha gran cúpula central. A igrexa prolóngase pola cabeceira, sobresaíndo do cuadrilátero, e polos pes polo coro dos monxes. O Patio dos Reis de Xudea, esténdese desde a porta principal ata a fachada da igrexa.

Aos lados do eixe central hai outros espazos ordenados en torno a dous patios por lado. Igualmente a fachada da igrexa ordena transversalmente o conxunto posto que o divide en dúas partes.

En conxunto a súa planta é a reprodución simbólica da grella do martirio de san Lourenzo.

En alzado é unha inmensa mole onde predominan as liñas rectas, especialmente as horizontais. Sensación de algo pesado e sólido, suxerido por:
-catro ringleiras de xanelas que se estende polos catro lados
-as pequenas cornixas que dividen horizontalmente en dúas metades cada fachada e a gran cornixa que remata o piso superior
-as xanelas do faiado que son outra liña horizontal que recorre os tellados.

Hai un claro predominio horizontal só reducido polas torres cadradas das esquinas cos seus chapiteis e polas torres e cúpula da igrexa. Esta liñas verticais, ademais do empinamento do tellado de lousa, non conseguen contrarrestar o horizontal posto que estas torres tamén teñen pequenas cornixas que as dividen en cadrados superpostos. Mais conseguen que a sensación de pesadez non sexa asfixiante.

Predominio da ríxida severidade, ausencia case total do ornamental. Os muros só se ven animados polas xanelas (enmarcadas por molduras planas), pola súa incansable reiteración. Estes muros só están interrompidos na fachada principal polos tres frontóns que sobresaen do tellado e que realzan outras tantas portas.

Busca da monumentalidade:
- polo predominio da masa sobre o van
- sobrevaloración das liñas construtivas (o estrutural) sobre a decoración,
- ruptura total coa tradición española


En canto ao seu significado podemos salientar que amosan unha expresión fiel duns ideais: a alianza da monarquía absoluta e do catolicismo da Contrarreforma, piares dun mundo posto en dúbida polo crecente desenvolvemento económico, social e político da Europa do Norte. O Escorial preséntasenos como un edificio de significación complexa e ás veces contraditoria:

-Por unha banda e a nivel formal podería considerárselle como a culminación da asimilación pola arquitectura española dos máis puros presupostos renacentistas (rigor xeométrico da súa concepción, elementos arquitectónicos máis sobranceiros –cúpula, arcos,- exaltación do fundamental fronte ó decorativo, a capacidade do home intelectual para coñecer e controlar o mundo que o rodea)

-Por outra banda, non se recolle o espírito do renacemento posto que as formas clásicas, o rigor xeométrico son empregados non para exaltar a capacidade e a vontade humanas senón para lembrar ós poderes aos que están sometidas: a Monarquía e á Relixión. O Escorial é ante todo un vehículo de propaganda, de exaltación do poder que está por riba da comprensión humana: o poder sobrenatural (por iso as súas proporcións abruman e empequenecen ó home)

Como unha gran obra vai ter unha influencia decisiva na arquitectura hispánica posterior. Crea e impón a toda a arquitectura española do último terzo do XVI un novo estilo: desnudez decorativa, gusto polas relacións xeométricas entre os elementos e volumes precisos, mesmo será chamado Herreriano, en honra a Juan de herrera. Marcará elementos para o futuro: chapiteis das torres, tellados de lousa inclinados, bolas de granito. Foi todo un paradigma para a arquitectura franquista (Ministerio do Aire).






O magnífico portal de arte, Artehistoria ofrécenos este vídeo para mellor comprender a obra que estamos a analizar.

2 comentarios:

saaritaa dijo...

Ya veo que esta tarde has estado muy ocupado realizando este Post,la verdad es que es muy interesante cualquiera información sobre el Escorial.

P.D: otro 10 en tu expediente por esta entrada.

Antonio Martínez dijo...

Grazas, estou tomando do nivel de Artechachi.