O arquitecto Alfonso Fernández nos envía un novo texto e novas fotos sobre a súa vivenda unifamiliar no concello pontevedrés de Vilaboa. Lembrade que estamos a ver medrar esta edificación desde o proxecto (Premio GranDeArea do Colexio de Arquitectos de Vigo). Fixádevos na potencia da piscina...
"Xa rematamos a estrutura da piscina. Os volumes estarán acabados cando terminemos a grellada que pecha a piscina. Interiormente reformulamos por onde irán as instalacións e comezouse a abrir rózalas para aloxalas. A fachada das habitacións inferiores tamén se modificou para ampliar as vistas, ensanchando as ventás. Logo de comprobar a estanqueidade da piscina acometeremos a recolocación do terreo e posiblemente redeseñemos o seu uso. A edificación aos poucos irá tomando contacto co terreo e asentando a súa presenza".

2 comentarios:
Acábome de dar conta de que fai mogollón de tempo que non te visito, estiven mirando, cando cheguei a esta casa que sabes que sigo con gusto, a ver si nos vemos na inauguación. Cada vez teño menos tempos, pero cando vexo todo o que fas doume conta que teño que buscar un anaco para ler todas as cousas interesantes que fas, porque me estou culturizando a pasoa axigantados.
Bicos moi agarimosos, por certo esta casa ten pinta de ser enorme ¿equivócome?
Pinta ten... Peo poderemos comprobalo en pouco tempo. O arquitecto insiste na invitación a visitala.
Saúdo Marina.
Publicar un comentario