9/9/09

Residencia de fin de semana no Xapón


O arquitecto baseado en Toquio, Shin Ohori , e a súa General Design Co, veñen de rematar unha residencia de fin de semana nas montañas de Kawakami-mura, Minamisaku-arma, Pagano (Xapón).


Ohori deseñou esta edificación, chamada Mountain Research, para o seu amigo, o deseñador de moda Setsumasa Kobaya
shi.



Case toda a vida en Mountain Research acontece ao aire libre. Algunhas dependencias como a cociña, o almacén, o baño, un refuxio, están ubicadas en estruturas case separadas, sinxelas, descansando sobre unha plataforma multinivel. O material das estruturas é o piñeiro local, polo que cando se derruben volverán a integrarse na natureza.



Fronte á serenidade conxunto, destacan as dúas tendas de durmir situadas arriba da cuberta.

Fotos e textos adaptados vía The Cool Hunter, un dos meus blogs favoritos.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Realmente interesante!!
Yo también quiero amigos que me hagan estas residencias =)

saludos

SONSABELA dijo...

Encántanme. Eu tamén quería unha casiña desas: bonitas, acolledoras e nun entorno encantador...pero haberá que conformarse con velas na foto! Un saúdo.