27/9/09

Manuel Franquelo expón na Marlborough: A realidade detida

Sen título. Acrílico e óleo sobre madeira (s.d.)

As naturezas mortas hiperrealistas do pintor Manuel Franquelo inauguran a tempada na galería Marlborough en Madrid.

Sen título. Acrílico e óleo sobre madeira (1987. Col. Lord Tristan Garel-Jones)

A mostra componse de seis debuxos, case 20 estudos preparatorios e dez pinturas e estará aberta ata o próximo dez de outubro. Manuel Franquelo (Málaga,1953) expuxo a súa obra pictórica e fotográfica en galerías e museos desde Tokio ata Lima. A súa formación científica (diplomouse na especialidade de Electrónica na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións) levoulle a experimentar coas posibilidades da tecnoloxía aplicada á pintura.

Sen título. Acrílico e óleo sobre madeira (1991. Col Juan Abelló)

Na exposición 'The language of things', celebrada na galería Marlboriough en 2002, presentou unha serie de estampas realizadas con ferros nas que había impreso fotografías manipuladas dixitalmente.

Sen título. Lápis sobre papel (2001)

En palabras do crítico Ignacio Gómez de Liaño: "Obsérvase que Franquelo, sen romper clausura do estudo, traspasou os muros do mesmo e parouse a contemplar a gran cidade... de lonxe, ata vela suspendida no medio do baleiro".

Sen título. Lápis e aguada sobre madeira (2007)

O realismo dos obxectos que encerran os seus cadros é tan meticuloso, tan insistente que produce o efecto contrario e transmite unha sensación de irrealidade e fantasía.

Sen título. Lápis e aguada (2007-2008)

O historiador da arte Fernando Castro Flórez recorda un momento no estudo do artista no que lle mostrou unha obra: "Era, literalmente, unha porta cara ao mesmo lugar no que estabamos. Non era unha clonación pictórica senón o resultado dun sofisticado proceso de escaneo que reproducía cada detalle, só que nunha cor que me recordou ao momento no que empezamos a esquecer o que vimos".

Sen título. Acrílico e óleo sobre madeira (1989)

Textos e ilustracións vía El País.

1 comentario:

clariana dijo...

Debe ser interesante de ver al natural esta exposición, ya que al experimentar con la pintura como él lo hace, supongo que hay detalles que se pierden en las imágenes tipo fotografía que son las únicas que se pueden poner en los blogs o internet en general. Me gusta mucho el primer cuadro y algunos de los dibujos del final. A veces el hiperrealismo no es suficientemente valorado, también pasa que hay personas que sólo valoran las pinturas si son calcos de la realidad y éso confunde, pues suele pasar cuando no se entiende gran cosa de pintura. Saludos afectuosos.