21/8/09

Museo Brandhosrt: máis arte contemporánea en Múnic

Desde o pasado 21 de maio está aberto o Museo Brandhorst en Múnic. Este novo museo é tanto salientable póla súa colección de arte contemporánea como polo propio edificio. Froito do afán coleccionista de Udo Brandhorst a cidade alemá permítese o luxo de amosar só 200 pezas das 700 recibidas en legado e que son dunha calidade espectacular (Andy Warhol, Gerhard Richter, Georg Baselitz , Cy Twombly e o imán mediático da vitrina de 27.000 pirulas de Damien Hirst)


O museo é obra dos berlineses Matthias Sauerbruch e Louisa Hutton. Trátase dun cubo de cores e xa se converteu nunca nova icona do circuíto artístico de Múnic. Na fachada colocáronse 36.000 paneis de cerámica.

Imaxes vía Museo Brandhorst.


No hay comentarios: