6/7/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (IX)

"O primeiro forxado xa está executado e neste bloque vemos como se prepara o segundo, parte do cal é a cuberta da peza principal. Xa podemos ver a proporción do edificio e a continuidade do terreo baixo a zona de estar. A escavación da piscina, cuxa construción está no aire, desvirtúa aínda o resultado final deste testero, pero xa se aprecia a súa escala e altura. Na outra cabeza só falta matizar a pendente de acceso ao garaxe e a escaleira exterior.

Nas fotos do interior vemos como o peto, de aproximadamente un metro, fai as funcións de viga, encadra a ría e recolle o espazo, protexéndoo da vista directa do camiño. Tamén se aprecia como a cuberta dá a volta para pechar a cabeza da piscina, rematando a secuencia de espazos enlazados, cuberto-pechado (estar), cuberto-aberto (terraza), cuberto-descuberto-aberto (praia, piscina), transversal (piscina).

Constructivamente vemos como se colocaron unha serie de barras verticais (pís dereitos) para poder suxeitar o peso do forxado ata que o formigón, xa endurecido, sexa capaz de soportar por se so o peso (aproximadamente un mes). Sobre eles colócanse taboleiros e encima os elemento de recheo (bovedillas, neste caso alixeiradas e de cor branca) e as viguetas, que son a maraña de pequenas espiñas que levan o peso ás grandes vigas (na fotos marcan o espazo entre a bovedillas) sobre este conxunto colócase un mallazo e refórzase con armaduras onde sexa necesario. Posteriormente formigónase e na zona na que colocaremos a lámina de cuberta pásase unha regra vibradora para garantir a súa planeidade e evitar resaltes que poidan perforala
".



Texto e fotos para Iniciarte: Alfonso Fernández.

No hay comentarios: