8/7/09

Miguel Anxo: o seu autorretrato na capela Paulina


Corrixindo o erro de boa parte da prensa europea, que seguiu confiadamente a The Times na difusión dunha noticia equivocada de A Repubblica, Bieito XVI clarificou que o autorretrato de Miguel Anxo na súa última obra pictórica é precisamente o rostro de San Pablo e non o home do turbante azul.

A Capela Paulina, cuxa reapertura ao culto presidiu o Papa o sábado, conserva os dous últimos frescos monumentais de Miguel Anxo, realizados cando superaba xa os setenta anos e nos que deu ultímas pinceladas da súa vida, concretamente en A Crucifixión de San Pedro. Xusto enfronte, A Conversión de San Pablo reflicte o momento da caída do perseguidor de cristiáns baixo o impacto dunha luz cegadora.

Bieito XVI invitou a contemplar a Pablo. Por que o representa cun rostro tan ancián? Sabemos, e sabíao ben Miguel Anxo, que a chamada de Saulo no camiño de Damasco tivo lugar cando tiña uns trinta anos?. O motivo, segundo o Papa, é que o artista introdúcenos nun nivel máis profundo. O rostro de Saulo-Pablo, que é o do mesmo artista xa ancián, inquedo e en busca da luz da verdade, representa ao ser humano, necesitado dunha luz superior, a luz da graza divina, indispensable para adquirir unha visión nova.

Aínda que o home do turbante azul, un personaxe secundario, recorda a Michelangelo Buonarroti, o espectacular dos dous grandes frescos a ambos os dous lados da Capela Paulina, é que se centran nos rostros dos dous Apóstolos. Pedro é un descoñecido, pero Pablo é claramente Miguel Anxo ancián, cos ollos pechados e un xesto de dor como tantos que sufriu polos problemas para completar a Capela Paulina.

A súa última empresa como pintor durou nove anos, pois era xa ancián e traballaba ao mesmo tempo noutros encargos, incluído o da cúpula de San Pedro. Aínda por riba, o teito da capela esborrallouse, e o atraso en arranxalo fixo que as choivas botasen por terra parte do seu esforzo inicial. O rostro de San Pablo reflicte a dor de Miguel Anxo.

Texto e ilustración vía ABC.

No hay comentarios: