Claude Monet (1840-1926) Mapoulas. 1873. Óleo sobre lenzo, 50x65 cm.
Museo de Orsay (París). Doazón de Etienne Moreau-Nélaton.
Este óleo será un dos que Monet presente na primeira exposición do colectivo de artistas que pasarán á historia da pintura co nome de “Impresionistas”. Naquela exposición, realizada nos antigos obradoiros do fotógrafo Nadar, Monet xa amosaba nitidamente as características do seu estilo.
É unha obra de 1873 realizada ao plen air en Argenteuil, lugar de residencia do pintor entre 1871, tras o seu regreso de Londres, e 1878. Son uns anos nos que se apoia nos outros pintores, especialmente en Renoir, e no seu marchante Paul Duran-Ruel. O lenzo representa un paseo por un campo de papoulas, un paseo pola natureza, protagonista esencial nestes anos na obra de Monet, da súa muller, Camille, e do seu fillo, Jean, que son acompañados por outra parella ao fondo.
O Museo de Orsay describe deste xeito a obra:
"Monet dilúe os contornos e a partir da evocación das mapoulas constrúe unha rítmica coloreada, mediante manchas cuxo formato desmesurado, no primeiro plano, mostra a prevalencia acordada á impresión visual, franqueando así un primeiro paso cara á abstracción.
Nesta paisaxe, ambas as parellas, nai e neno do primeiro plano e do segundo, tan só son un pretexto para implementar unha oblicua que estrutura o cadro. Dúas zonas distintas desde o punto de vista da gama de cores defínense deste xeito: unha dominada polo vermello, a outra por un verde azulado".
Desde Artehistoria engaden:
"A liña do horizonte pobóase de árbores e o azul do ceo vese interrompido polas brancas nubes que se desprazan nunha magnífica sensación de movemento. A iluminación do atardecer alaga de sombras malvas o campo, destacando a tonalidade avermellada das mapoulas coas que conseguiu crear o efecto de montículo. A pincelada é solta e produce unha paulatina desaparición da forma ante o protagonismo que adquiren cor e luz".
Finalmentes, unhas mapoulas de Castela con Plácido Domingo:
2 comentarios:
Non, isto non se fai, non alomenos sen antes ter avisado.
A viaxe a Salamanca, a visita á exposición de Mucha e agora Monet e as papoulas.... Sen palabras!!
Bicos emocionados
Que menos despois de terme soportado tantos días.
Publicar un comentario