Caixa Galicia revisa en Ferrol a historia das artes plásticas contemporáneas
O proxecto «Miradas» reabre o diálogo entre a pintura, a fotografía e a escultura dos últimos trinta anos
dese escultor ao que Nova York adora que é Francisco Leiro. E pezas, tamén, do mellor de canto fixeron creadores da talla e as transcendencia de Jorge Barbi, Ignacio Basallo, Daniel Caxigueiro, Xosé Fernández Freixanes, Francisco Mantecón, Xurxo Ouro Claro, Antón Patiño, Quintana Martelo...
A Fundación Caixa Galicia acolle na súa sede do Cantón de Molins ata o 27 de setembro a mostra Mirada: Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia dende 1975 . Unha exposición na que a través de pezas de boa parte dos nomes máis representativos da arte galego contemporáneo (desde Mónica Alonso, Rafael Baixeras, Vicente Blanco e Salvador Cidrás ata Montse Rego, Carlos Rial, Manuel Ruibal e Xavier Toubes, pasando por Jorge Cabezas, Ton Carbajo, Fernando Casás e Javier Correa Corredoira...) invítase ao espectador a descubrir os «procesos polos que cada obra se conecta coas realidades, expresións ou tramas xeométricas argumentais que impulsaron a súa creación». E iso, co obxectivo de lograr que a mostra «estimule a comprensión, desde a historia e a estética da arte, dos desafíos que sen dúbida suscita a arte galega actual aos espectadores de hoxe».
A través da pintura, a escultura e a fotografía, a Fundación Caixa Galicia, que dirixe Teresa Porto, quixo fuxir do «ríxido patrón dos ismos e das delimitacións estritamente cronolóxicas ou xeracionais», para potenciar, pensando nos ollos do visitante, «un percorrido fluído polas tendencias que marcaron o devir da arte recente en Galicia», favorecendo «o diálogo e o contraste entre as obras».
A comisaria da exposición, Iria Candela , elixiu para esta exposición, integrada na súa totalidade por obras pertencentes á Colección Caixa Galicia, pezas de creadores como Vicente Prego, Pamen Pereira, Manolo Paz, Antonio Murado, José Ramón Morquecho, Tatiana Medal, Din Matamoro, Acisclo Manzano ou Luis López Gabú.
Sobre a «galeguidade»
«Hoxe, cando unha parte importante dos artistas galegos viven de forma máis ou menos intermitente fóra de Galicia -apunta a comisaria da exposición recentemente inaugurada en Ferrol-, un pregúntase de que xeito é galega a arte galega, ou que é o que lle outorga a ese arte a súa galeguidade». Onte, entre obras de artistas como Jorge Cabezas, Ton Carbajo, Fernando Casás, Roberto González, Xurxo Gómez-Chao, Almudena Fernández, Manuel Facal, Carlos Crego e Ana Fernández, Teresa Porto recordaba a xa longa presenza da Fundación Caixa Galicia no mundo do coleccionismo, que a levou a posuír unha das coleccións españolas «máis importantes que existen».
A concelleira delegada de Cultura, Mercedes Carbajales, agradeceu a presenza da mostra na cidade.
Texto e ilustración vía La Voz de Galicia.
2 comentarios:
Hola Toño, ¿Qué pasa con nuestra ración de INICIARTE? Ya pasamos hambre el Miércoles y hoy nos dejas sin desayuno.
Ufff... Tou ajotado fisica e mentalmente. Iniciarte vai ralentizar a súa anovación durante uns días. Moito traballo (vale como excusa?)
Publicar un comentario